COMMUNITY MANAGEMENT
Información do curso
COMMUNITY MANAGEMENT
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
Información sobre o calendario (datas)
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral. 20 prazas ofertadas.
Obxectivos
Dotar o alumnado dos conceptos básicos sobre o contorno 2.0 e as redes sociais.
Ofrecer ao alumnado as ferramentas necesarias para monitorizar, xestionar e medir a actividade nas redes sociais a nivel profesional.
Dar as claves ao alumnado para desenvolver un plano de social media que se inclúa no Plano de Comunicación e Marketing da empresa.
Condicións de acceso
Inscrición na plantaforma Bubela no período comprendido entre o 2 e o 6 de febreiro de 2015, dende as 10:00 horas do luns 2 ata as 14:00 horas do venres 6.
Criterios de selección
Rigorosa orde de prelación. Aceptaranse as 20 primeiras solicitudes de matrícula. As persoas cuxa solicitude foi aceptada serán matriculadas de oficio, non podendo renunciar agás casos de forza maior debidamente xustificados. Penalizarase a falta de asistencia ou abandono do curso sen causa xustificada: as persoas afectadas non poderán volverse a matricular nos cursos da Aula Tecnolóxica ata o ano académico 2016-2017.
Ao remate do mesmo, expedirase un certificado de asistencia ao que terán dereito as persoas que asistiron a un 85 por cento das horas lectivas.
Calendario
9,10,12,23,24 e 25 de febreiro de 2015, en horario de 19:00 a 21:00 horas.
Programa
Contorno 2.0
Redes sociais. Definición, tipoloxía, programación de contidos.
Marketing dixital. Publicidade nas redes sociais. Plano de social media.
Community manager, unha nova profesión.
Ferramentas e KPIs.
Modo de pagamento
Matrícula gratuíta.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra, rúa D. Filiberto 9-11, 36002 Pontevedra.
Profesorado
Marta Crespo Cruces, licenciada en Periodismo. Máster en Comunicación Empresarial.
Sistema de avaliación
Exposición de contidos teóricos, sustentados en casos reais e exercicios prácticos que o alumnado realizará na aula.