INTRODUCIÓN Á ANÁLISE DE DATOS CON EXCEL
Información do curso
INTRODUCIÓN Á ANÁLISE DE DATOS CON EXCEL
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | CFP0057 | ||||
Nome | INTRODUCIÓN Á ANÁLISE DE DATOS CON EXCEL |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 12 | ||||
Descrición | Actualmente estamos expostos a moitos máis datos que en calquera outro momento da historia, moitos máis dos que somos capaces de asimilar ou reter. Unha edición dominical de calquera periódico contén máis información da que unha persoa do Renacemento podía acceder ao longo de toda a súa vida. Con toda esta saturación da información, establecer modelos de aprehensión da información é unha necesidade primordial. Pero a información en bruto non serve de nada, e neste sentido, Excel é unha ferramenta moi poderosa para a análise dos datos. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 80 20 80 | ||||
· Fax | 986 80 20 82 | ||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
Información sobre o calendario (datas)
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 0 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.
Obxectivos
-
Iniciar o alumnado no mundo da análise de datos.
-
Darlle a coñecer o potencial das características do software orientadas a estas técnicas.
-
Introducir o alumnado nas principais técnicas de extracción e análise de datos
-
Facer que o alumnado coñeza a importancia da información na conxuntura actual.
Condicións de acceso
Preinscrición en BUBELA no período comprendido entre 17 e o 24 de outubro de 2014.
Criterios de selección
Rigorosa orde de prelación. Terán preferencia as persoas que non estiveran matriculadas en edicións anteriores deste curso así como noutros ofertados para a Aula Tecnolóxica da Casa das Campás. Aquelas persoas que se matriculen e non asistan ao curso, sen xustificación previa, non poderán volver matricularse nos cursos da Aula Tecnolóxica. O documento que xustifique a non asistencia ao curso deberá achegarse á Vicerreitoría do Campus de Pontevedra con dous días de antelación ao comezo de curso.
Calendario
27, 29, 30 de outubro e 3, 5, 6 de Novembro de 19:00 a 21:00 horas (luns, mércores e xoves).
Programa
-
Introdución a Excel (2 horas)
-
Metodoloxía de traballo.
-
Importar datos a Excel desde ficheiros de texto (delimitados e por posición).
-
Ordenación e filtrado.
-
Exercicio práctico
-
Fórmulas 1: (2 horas)
-
Fórmulas matemáticas
-
Fórmulas estatísticas (Media vs. Mediana, desviación típica, etc.)
-
Fórmulas de texto: formato, concatenación.
-
Exercicio práctico
-
-
Fórmulas 2: (2 horas)
-
Fórmulas condicionais
-
Fórmulas de busca/cruce.
-
Exercicio práctico
-
-
Táboas dinámicas: (2 horas)
-
Introdución e casos de uso.
-
Formato dos resultados, porcentaxes, etc.
-
Exercicio práctico
-
-
Exportar e visualizar datos: (2 horas)
-
Exportar datos desde Excel
-
Visualización usando a plataforma infogr.am
-
Exercicio práctico
-
-
Proxecto final para afianzar os conceptos aprendidos: (2 horas)
Modo de pagamento
Matrícula gratuíta.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás.
Rúa D. Filiberto 9-11
36002 Pontevedra
Profesorado
Juan Elosúa Tomé.