INTRODUCIÓN E FUNDAMENTOS DE MAQUETACIÓN DE PÁXINAS WEB CON CSS

Información do curso

INTRODUCIÓN E FUNDAMENTOS DE MAQUETACIÓN DE PÁXINAS WEB CON CSS


Tipo Curso de Formación
Código CFP0058
Nome INTRODUCIÓN E FUNDAMENTOS DE MAQUETACIÓN DE PÁXINAS WEB CON CSS
  Non está habilitada a opción de preinscrición en liña para este curso.
Modalidade Presencial
Horas 15
Descrición

Malia que non estamos xa nos primeiros días da web, cómpre transmitir que a crítica importancia de ter un sitio web apropiadamente "deseñado", accesible e utilizable, é aínda unha das tarefas máis desafiantes que as persoas expertas en comunicación necesitan enfrontar.

Con este curso queremos dotar ao alumnado dos fundamentos básicos para conseguir tal meta grazas á maquetación de documentos html por medio de follas de estilo CSS.

 

CSS  (acrónimo de CascadingStyleSheets)é unha pseudo-linguaxe usada para definir e controlar o aspecto ou presentación dos documentos electrónicos definidos con HTML e XHTML. CSS é a mellor forma de separar os contidos e a súa presentación e é imprescindible para crear páxinas web complexas, ademáis , con elas é posible controlar non só páxinas web senón todo aquelo que se refira á representación en pantalla, ou incluso noutros soportes, como medios impresos, lectores de voz...

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 802080
 · Fax 986 802082
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

Información sobre o calendario (datas)

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 0

Destinatarios/as

Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.

Obxectivos

  • Dotar ao alumnados dos fundamentos básicos de maquetación de páxinas web con follas de estilo en cascada.

  • Dar a coñecer a dita linguaxe cun enfoque práctico para que en poucos pasos o alumnado poida maquetar código CSS duhna maneira depurada.

  • Capacitar ao alumnado para que coas ditas nocións básicas poida afondar na investigación e o desenvolvemento das súas capacidades.

Condicións de acceso

Preisncrición en BUBELA dende o 17 ao 24 de novembro de 2014. PREINSCRICIÓN PECHADA AO ESTAR XA CUBERTAS AS PRAZAS OFERTADAS!!!.-

Criterios de selección

Rigorosa orde de prelación. Terán preferencia as persoas que non estiveran matriculadas en edicións anteriores deste curso así como noutros ofertados para a Aula Tecnolóxica da Casa das Campás. Aquelas persoas que se matriculen e non asistan ao curso, sen xustificación previa, non poderán volver matricularse nos cursos da Aula Tecnolóxica. O documento que xustifique a non asistencia ao curso deberá achegarse á Vicerreitoría do Campus de Pontevedra con dous días de antelación ao comezo de curso.

Calendario

25 e 27 de novembro; 2,4,9 e 11 de decembro de 2014, de 19.00 a 21.00 horas.

Programa

  • Introdución á linguaxe CSS

  • Funcionamento e  sintaxis de propiedades CSS

  • Estrutura do código

  • Etiquetas, Clases , Selectores básicos e  Avanzados

  • Posicionamento e visualización

  • Texto, enlaces, listas, tablas e formularios

  • Estrutura ou Layout

  • Hacks, filtros, outros

Modo de pagamento

Matrícula gratuíta.

Impartido en

Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.

Rúa D. Filiberto, 9-11

36002 Pontevedra.

Profesorado

Yago Gestoso Souto.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos