PROCESSING: UNHA PORTA DE ENTRADA AO CÓDIGO CREATIVO
Información do curso
PROCESSING: UNHA PORTA DE ENTRADA AO CÓDIGO CREATIVO
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | CFP0056 | ||||
Nome | PROCESSING: UNHA PORTA DE ENTRADA AO CÓDIGO CREATIVO |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 12 | ||||
Descrición | O obxectivo do curso é introducir ao alumnado nos conceptos básicos da programación informática. Para eso buscarase unha linguaxe fácil, que permita ser utilizada tanto para a creación multimedia como para o deseño gráfico, a escena artística, a representación de datos ou a creación de sinxelas simulacións de conceptos de matemáticas, física ou de xeometría. En definitiva, é unha linguaxje de programación, moi sinxela, rápida e versátil que permite unha aprendizaxe doada.A plataforma Processing é Software Libre e está moi estendida por todo o mundo. Ademáis permite unha fácil migración a outras linguaxes como Flash ou Java, e é especialmente útil tanto para a programación final como para o abocetado de prototipos.Concretamente, este curso contará cunha expansión nun segundo curso posterior que tratará sobre a utilización de Processing como ferramenta para o deseño de espazos interactivos. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986802080 | ||||
· Fax | 986802082 | ||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
Información sobre o calendario (datas)
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 0 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.
Obxectivos
Dotar ao alumnado dos conceptos básicos da programación informática.
Que o alumnado coñeza os requisitos e posibilidades dos proxectos interactivos
Capacitar ao alumnado para que coas ditas nocións básicas poida afondar na investigación e o desenvolvemento das súas capacidades.
Condicións de acceso
Preinscrición na plataforma Bubela dende o 3 ao 9 de outubro de 2014.
Criterios de selección
Rigorosa orde de prelación. Terán preferencia as persoas que non estiveran matriculadas en edicións anteriores deste curso así como noutros ofertados para a Aula Tecnolóxica da Casa das Campás. Aquelas persoas que se matriculen e non asistan ao curso, sen xustificación previa, non poderán volver matricularse nos cursos da Aula Tecnolóxica. O documento que xustifique a non asistencia ao curso deberá achegarse á Vicerreitoría do Campus de Pontevedra con dous días de antelación ao comezo de curso.
Calendario
10,17,24 e 31 de outubro; 7 e 14 de novembro de 2014, de 19.00 a 21.00 horas.
Programa
Introdución a Processing
Interfaz
Estrutura do código
Variables
Operadores
Condicións
Bucles
Funcións
Modo de pagamento
Matrícula gratuíta.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás.
Rúa D. Filiberto 9-11
36002 Pontevedra.
Profesorado
Alberto García Ariza.