CURSO DE FORMACIÓN EN ESTAMPACIÓN TÉXTIL

Información do curso

CURSO DE FORMACIÓN EN ESTAMPACIÓN TÉXTIL


Tipo Curso de Formación
Código F2011402
Nome CURSO DE FORMACIÓN EN ESTAMPACIÓN TÉXTIL
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 150
Descrición

Ensino das bases do deseño gráfico e a maquetación, centradas no contexto da produción de moda.

Taller de estampación experimental. Técnicas propias e de carácter independente para a personalización e "customización" de teas e prendas a través da impronta.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986801833
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Facultade de Belas Artes. ESDEMGA

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 22/09/2014 10:07 - 25/09/2014 23:59
Período de matrícula 26/09/2014 10:08 - 30/09/2014 23:59
Período de docencia 02/10/2014 - 19/06/2015

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 5
Número máximo de participantes 15
Créditos prácticos 15
Validación de libre elección 10

Obxectivos

  • Adquirir os coñecementos específicos dos procesos de desenvolvemento de produto de deseño de moda (prendas, complementos, etc)
  • Coñecer os procesos de fabricación, distribución, comercialización e comunicación de moda.
  • Coñecer as metodoloxías e o seu mellor axeitamento ás propostas de deseño en concordancia coa evolución tecnoloxía e industrial propia do sector.
  • Coñecer e aplicar as metodoloxías que faciliten o desenvolvemento do pensamento creativo.

Condicións de acceso

1.Titulados/as universitarios de primeiro, segundo e terceiro ciclo.
2.Alumnos/as da universidade,
3.Profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios, e
de xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos ós mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.

Criterios de selección

Nota media de expediente académico de acceso.

Calendario

2 outubro de 2014 a 19 de xuño de 2015
Horario:

1º Cuadrimestre Xoves de 18,30-22,00

2º Cuadrimestre Luns de 18,00 a 21,30 e Martes de 18,30 a 22,00

Programa

Deseño de moda por ordenador e novas tecnoloxías aplicadas (10 créditos) Anual
Tecnoloxía de procesos e ennobrecementos de materias téxtis (5 créditos) 2º Cuadrimestre

Modo de pagamento

O importe da matrícula do curso (Módulo P03) é de 900 €.

O pagamento farase efectivo en calquera oficina de ABANCA co código ou o nome do curso: ESTAMPACIÓN TÉXTIL, ademáis do nome e DNI do alumno/a.

Impartido en

Facultade de Belas Artes. ESDEMGA

Observacións

PRESENTACIÓN CURSO: XOVES 2 DE OUTUBRO NO ESPAZO 25 ÁS 17.30

Titulación

Unha vez considerados APTOS, aos alumnos expediráselles o título de CURSO DE FORMACIÓN EN ESTAMPACIÓN TEXTIL.

Sistema de avaliación

Traballos para expor ou entregar nas clases teóricas e prácticas
Exames
80% de asistencia ás sesións presenciais

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos