ESPECIALISTA EN DESEÑO DE MODA
Información do curso
ESPECIALISTA EN DESEÑO DE MODA
| Tipo | Especialista | ||||
| Código | E2011401 | ||||
| Nome | ESPECIALISTA EN DESEÑO DE MODA |
|
|||
| Modalidade | Presencial | ||||
| Horas | 1120 | ||||
| Descrición | A Facultade de Belas Artes alberga desde 2004 os Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galicia (ESDEMGA). A experiencia acumulada sobre as demandas dos alumnos potenciais avalan a necesidade de ofrecer cursos de especialización que completen a oferta de formación e ofrezan unha especialización en deseño de moda. Oferta que condensada nos dous últimos cursos de ESDEMGA aporta a graduados de outras formacións universitarias, un título de Especialista Universitario en deseño de Moda. |
||||
| Información de contacto: | |||||
| · Teléfono | 986801833 | ||||
| · Fax | |||||
| · Enderezo electrónico | |||||
| Compartir: |
|
||||
Descrición
A necesidade de formación específica no deseño de moda sentida pola sociedade, e desde o sector empresarial, é un fiel reflexo do impacto económico e dos seus axentes fundamentais no desenvolvemento de Galicia. O sector téxtil e de deseño en Galicia segue a ser un dos sectores produtivos con máis influencia no PIB do País, e a Universidade a través da oferta formativa específica no deseño de moda pretende aportar a innovación e competitividade empresarial a partir do estudio dos avances científicos, tecnolóxicos e sociais no sector.
Entidades organizadoras
Facultade de Belas Artes
Información sobre o calendario (datas)
| Período de preinscrición | 22/09/2014 00:00 - 25/09/2014 23:59 |
|---|---|
| Período de matrícula | 26/09/2014 00:00 - 30/09/2014 23:59 |
| Período de docencia | 02/10/2014 - 30/06/2016 |
Prazas e créditos
| Número mínimo de participantes | 5 |
|---|---|
| Número máximo de participantes | 15 |
| Créditos teóricos | 22 |
| Créditos prácticos | 90 |
| Validación de libre elección | 56 |
Destinatarios/as
Interesados en desenvolver a súa actividade profesional na industria téxtil e de moda
Condicións de acceso
Para acceder ao título de ESPECIALISTA:
1.titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2.alumnos/as dunha licenciatura ou equivalente cos tres primeiros cursos superados, e
3.profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional.
Criterios de selección
Nota media de expediente académico de acceso
Obxectivos
Adquirir os coñecementos específicos dos procesos de desenvolvemento de produto de deseño de moda (prendas, complementos, etc)
Coñecer os procesos de fabricación, distribución, comercialización e comunicación de moda.
Coñecer as metodoloxías e o seu mellor axeitamento ás propostas de deseño en concordancia coa evolución tecnoloxía e industrial propia do sector.
Coñecer e aplicar as metodoloxías que faciliten o desenvolvemento do pensamento creativo.
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:
Teoría e crítica do deseño de moda
Estilismo e estética (4 créditos)
Análise de tendencias (6 créditos)
Disciplinas Auxiliares en moda
Antropoloxía e socioloxía do consumo e da moda (4 créditos)
Administración de empresas e organización da produción (4 créditos)
Mercadotecnia da moda e loxística téxtil (4 créditos)
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Prácticas en empresas
Estancia entre 500 e 600 horas en empresas do sector
Fotografía e deseño gráfico de moda
Fotografía aplicada ó deseño e á moda (6 créditos)
Creación do porfolio (4 créditos)
Estampación Téxtil
Deseño de moda por ordenador e novas tecnoloxías aplicadas (10 créditos)
Tecnoloxía de procesos e ennobrecementos de materias téxtis (5 créditos)
Taller de deseño Profesional
Modelismo e prototipos (moulage) (4 créditos)
Proxectos de deseño textil e moda II (8 créditos)
Xéneros de punto ( 6 créditos)
Procesos e principios básicos do deseño
Fundamentos Artísticos II (9 créditos)
Expresión Artística (5 créditos)
Proxectos e talleres de deseño
Proxectos de deseño textil e moda I (6 créditos)
Patronaxe industrial e escalado de tallas (6 créditos)
Tecnoloxías téxtis e operacións básicas (5 créditos)
Patronaxe por ordenador (6 créditos)
Calendario
2 outubro de 2014 a 30 de xuño de 2016
Quenda única de tarde de 15:30 a 21:30
Modo de pagamento
O importe da matrícula do curso completo de Especialista é de 6.065,57 € (aproximadamente 3000 € por cada ano académico), con posibilidade de obtención dunha bolsa de 475,85 €.
O pagamento farase efectivo en calquera oficina de ABANCA (NCG Banco), indicando o nome e código do curso, ademáis do nome, apelidos e DNI do alumno/a.
Impartido en
Facultade de Belas Artes
Observacións
Presentación Curso:
Xoves 2 de outubro ás 17,30 horas no espazo 25
Titulación
Unha vez considerados aptos, aos alumnos/as expediráselles o título de ESPECIALISTA EN DESEÑO DE MODA
Sistema de avaliación
Traballos para expor ou entregar nas clases teóricas e prácticas.
Exames.
80% de asistencia ás sesións presenciais.


