PILATES PARA FISIOTERAPEUTAS, MAT - NIVEL II
Información do curso
PILATES PARA FISIOTERAPEUTAS, MAT - NIVEL II
Tipo | Curso Complementario | ||||
Código | C2051502 | ||||
Nome | PILATES PARA FISIOTERAPEUTAS, MAT - NIVEL II |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Descrición | Curso avanzado sobre o método Pilates e de cómo empregar este método no tratamento dos pacientes. Estudo e análise dos exercicios intermedios e avanzados que compoñen o repertorio do método Pilates en chan (ou mat), así como de cómo . |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 801750 - 801752 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Facultade de Fisioterapia
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 14/07/2014 00:00 - 19/02/2015 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 01/09/2014 00:00 - 20/02/2015 23:59 |
Período de docencia | 21/02/2015 - 15/03/2015 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 14 |
Créditos teóricos | 0.6 |
Créditos prácticos | 2.4 |
Validación de libre elección | 2 |
Destinatarios/as
O Curso está destinado a fisioterapeutas e a alumnos de Fisioterapia que, alomenos, no curso 2014-15 sexan de 3º curso do Grao.
Obxectivos
- Coñecer os fundamentos do traballo en chan co método Pilates aplicado ao eido clínico.
- Coñecer os exercicios intermedios e avanzados que conforman o repertorio do método Pilates en chan, así como as súas progresións e adaptacións de cara ao seu emprego clínico.
- Programar sesións de tratamento co método Pilates en casos clínicos.
Condicións de acceso
Ser diplomado/a ou graduado/a en Fisioterapia ou estar matriculado como alumno de 3º ou 4º curso do Grao en Fisioterapia no curso académico 2014-15.
IMPRESCINDIBLE, coñecementos demostrables sobre o método Pilates aplicado á Fisioterapia de nivel básico.
Criterios de selección
Preferencia, e por esta orde: fisioterapeutas, alumnos de 4º curso e alumnos de 3º curso.
Dentro de cada un destes grupos, por orde de preinscrición.
Calendario
Do 21 de febreiro ao 15de marzo de 2015.
Horario: SÁBADOS 21 de febrero e 14 de marzo: de 9:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas; e DOMINGOS 22 de febreiro e 15 de marzo: de 9:00 a 14:00 horas. As titorías do curso serán o sábado 7 de marzo de 9 a 14 horas.
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:
Técnicas de comunicación, observación e corrección para a mellora e a motivación dos usuarios/pacientes (imaxes, axuda táctil).
Programación da sesión segundo casos clínicos específicos.
Pautas de seguridade.
Presentación de caso clínico tras as horas prácticas.
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Exercicios intermedios e avanzados de Pilates en mat (progresións e adaptacións): hundred; leg circle; single-leg stretch; double-leg stretch; criss-cross; shoulder bridge.
Exercicios intermedios e avanzados de Pilates en mat (progresións e adaptacións): single straight leg stretch; double straight leg stretch; spine twist; one leg kick; seal; teaser.
Exercicios intermedios e avanzados de Pilates en mat (progresións e adaptacións): roll-over; jack knife; bicycle; control balance; scissors.
Exercicios intermedios e avanzados de Pilates en mat (progresións e adaptacións): corkscrew; swimiming; double-leg kick; neck pull; saw; open leg rocker.
Exercicios intermedios e avanzados de Pilates en mat (progresións e adaptacións): side bend; side kick; leg pull front; leg pull back; push ups; boomerang.
Exercicios con material complementario: fitball e rulo. Repertorio clásico, progresións e adaptacións.
Estructurar nun sistema de bloques a práctica de Pilates.
Casos prácticos e resolución en grupos
Modo de pagamento
O importe da matrícula é de 260 €. O pagamento farase efectivo en calquera oficina de NGB, indicando o nome ou o código do curso.
Impartido en
O curso levarase adiante en:
Centro Impact Fitness (Studio Pilates)
Rúa Amado Carballo nº 8, baixo
36002 Pontevedra
Titulación
Grao de Fisioterapia.
Profesorado
Sebastián Jesús Aboal Quintás. Fisioterapeuta do Centro Impact Fitness (Studio Pilates) (Pontevedra). Profesor Asociado de Ciencias da Saúde da Universidade de Vigo.
Sistema de avaliación
Existirá un control de asistencia: será obrigatoria a asistencia mínima do 80%
Efectuarase unha avaliación continua por parte do profesorado.