PILATES PARA FISIOTERAPEUTAS, MAT - NIVEL I
Información do curso
PILATES PARA FISIOTERAPEUTAS, MAT - NIVEL I
Tipo | Curso Complementario | ||||
Código | C2051409 | ||||
Nome | PILATES PARA FISIOTERAPEUTAS, MAT - NIVEL I |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Descrición | Curso de introducción ao método Pilates e cómo empregar este método no tratamento dos pacientes. Estudo e análise da postura e o movemento, así como dos exercicios básicos que compoñen o repertorio do método Pilates en chan (ou mat). |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 801750 - 801752 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Facultade de Fisioterapia
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 14/07/2014 00:00 - 23/10/2014 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 01/09/2014 00:00 - 24/10/2014 23:59 |
Período de docencia | 25/10/2014 - 23/11/2014 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 14 |
Créditos teóricos | 0.7 |
Créditos prácticos | 2.3 |
Validación de libre elección | 2 |
Destinatarios/as
O Curso está destinado a fisioterapeutas e a alumnos de Fisioterapia que, alomenos, no curso 2014-15 sexan de 3º curso do Grao.
Obxectivos
- Coñecer os fundamentos do traballo en chan co método Pilates aplicado ao eido clínico.
- Coñecer os exercicios básicos que conforman o repertorio do método Pilates en chan, así como as súas progresións e adaptacións de cara ao seu emprego clínico.
Condicións de acceso
Ser diplomado/a ou graduado/a en Fisioterapia ou estar matriculado como alumno de 3º ou 4º curso do Grao en Fisioterapia no curso académico 2014-15.
Criterios de selección
Preferencia, e por esta orde: fisioterapeutas, alumnos de 4º curso e alumnos de 3º curso.
Dentro de cada un destes grupos, por orde de preinscrición.
Calendario
Do 25 de outubro ao 23 de novembro de 2014.
Horario: SÁBADOS 25 de outubro e 22 de novembro: de 9:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas; e DOMINGOS 26 de outubro e 23 de novembro: de 9:00 a 14:00 horas.
As titorías do curso serán o sábado 8 de novembro de 9 a 14 horas.
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:
O método Pilates (orixe do método e na actualidade; principios)
Prescrición de exercicios, fases en Fisioterapia
Principios para programar unha sesión e dirixila
Organización e partes dunha sesión de Pilates
Beneficios, precaucións e contraindicacións
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Bases biomecánicas e anatómicas no método Pilates: a súa aplicación práctica
Postura e movemento (estabilizadores-mobilizadores): análise.
Orde de traballo no método Pilates (aprendizaxe motor)
Exercicios básicos de Pilates en mat (progresións e adaptacións): breathing; pelvic clock; knee folds, drops, slides and femur arcs; up shoulders, supine, prone and standing; bridge, level 1.
Exercicios básicos de Pilates en mat (progresións e adaptacións): supine and standing arm arcs; side leg lift, oyster and side lying adductor; neck rolls and flexion; quadruped, cat stretch; scapular mobilization on all fours.
Exercicios básicos de Pilates en mat (progresións e adaptacións): curl ups and oblique curl ups; roll down on the wall and standing; diamond press and dart; pliès; leg circle, level 1; roll-up and assisted roll-up; hundred, level 1.
Exercicios básicos de Pilates en mat (progresións e adaptacións): single-leg stretch, level 1; double-leg stretch, level 1; leg pull front, level 1; rolling like a ball.
Exercicios básicos de Pilates en mat (progresións e adaptacións): spine twist, level 1; swan dive, level 1; side kick, level 1; hip twist; spine stretch forward.
Modo de pagamento
O importe da matrícula é de 260 €. O pagamento farase efectivo en calquera oficina de NGB, indicando o nome ou o código do curso.
Impartido en
O curso levarase adiante en:
Centro Impact Fitness (Studio Pilates)
Rúa Amado Carballo nº 8, baixo
36002 Pontevedra
Titulación
Grao de Fisioterapia.
Profesorado
Sebastián Jesús Aboal Quintás. Fisioterapeuta do Centro Impact Fitness (Studio Pilates) (Pontevedra). Profesor Asociado de Ciencias da Saúde da Universidade de Vigo
Sistema de avaliación
Existirá un control de asistencia: será obrigatoria a asistencia mínima do 80%
Efectuarase unha avaliación continua por parte do profesorado.