INTRODUCIÓN Á FISIOTERAPIA INVASIVA DA SÍNDROME DA DOR MIOFASCIAL (II Edición)
Información do curso
INTRODUCIÓN Á FISIOTERAPIA INVASIVA DA SÍNDROME DA DOR MIOFASCIAL (II Edición)
Tipo | Curso Complementario | ||||
Código | C2051408 | ||||
Nome | INTRODUCIÓN Á FISIOTERAPIA INVASIVA DA SÍNDROME DA DOR MIOFASCIAL (II Edición) |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986801750 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Entidades organizadoras
Facultade de Fisioterapia
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 16/06/2014 00:00 - 13/11/2014 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 07/07/2014 00:00 - 14/11/2014 23:59 |
Período de docencia | 14/11/2014 - 16/11/2014 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 18 |
---|---|
Número máximo de participantes | 24 |
Créditos teóricos | 0.6 |
Créditos prácticos | 1.4 |
Validación de libre elección | 1 |
Destinatarios/as
O Curso está destinado a fisioterapeutas e a alumnos de Fisioterapia que, alomenos, no curso 2014-15 sexan de 2º curso do Grao.
Condicións de acceso
Ser diplomado/a ou graduado/a en Fisioterapia ou estar matriculado como alumno de 2º, 3º ou 4º curso do Grao en Fisioterapia no curso académico 2014-15.
Ademais, para poder facer este curso, terase que ter formación demostrada de tratamento conservador de puntos gatillo.
Criterios de selección
Preferencia, e por esta orde: fisioterapeutas, alumnos de 4º curso, alumnos de 3º curso e alumnos de 2º curso.
Dentro de cada un destes grupos, por orde de preinscrición.
IMPRESCINDIBLE, coñecementos demostrables de tratamento conservador de puntos gatillo.
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:
Principios da fisioterapia invasiva
Mecanismos de acción das técnicas invasivas
Mecanismos analxésicos da punción seca na síndrome da dor miofascial
Presentacións clínicas máis frecuentes de orixe miofascial (dor lateral e medial de cóbado, dor de ombreiro, síndrome do desfiladeiro torácico, cervicalxia, lumbalxia, dor anterior de xeonllo,...)
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Músculo infraespinoso: tratamento invasivo
Anatomía, función, palpación e tratamento invasivo das fibras superiores do músculo trapecio
Tratamento invasivo (punción seca) do pectoral maior
Tratamento invasivo (punción seca) do redondo maior e o dorsal ancho
Tratamento invasivo (punción seca) do redondo menor
Tratamento invasivo (punción seca) do deltoides
Palpación e tratamento invasivo do tríceps braquial
Palpación e tratamento invasivo do extensor común dos dedos, do extensor radial largo do carpo e do braquiorradial
Anatomía, función, palpación e tratamento invasivo do tensor da fascia lata
Anatomía, función, palpación e tratamento invasivo dos glúteos maior, medio e menor
Anatomía, función, palpación e tratamento invasivo dos vastos medial e lateral e do recto anterior do cuádriceps
Anatomía, función, palpación e tratamento invasivo dos isquiotibiais
Anatomía, función, palpación e tratamento invasivo dos gastrocnemios e do sóleo
Calendario
Do 14 ao 16 de novembro de 2014.
Horario: VENRES 14 de novembro: de 15:00 a 20:00 horas; SÁBADO 15 de novembro: de 9:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas; e DOMINGO 16 novembro: de 9:00 a 14:00 horas.
Modo de pagamento
O importe da matrícula é de 140 €. O pagamento farase efectivo en calquera oficina de NGB, indicando o nome ou o código do curso.
Sistema de avaliación
Existirá un control de asistencia: será obrigatoria a asistencia mínima do 80%
Efectuarase unha avaliación continua por parte do profesorado.