FISIOTERAPIA EN UROXINECOLOXÍA, NIVEL BÁSICO

Información do curso

FISIOTERAPIA EN UROXINECOLOXÍA, NIVEL BÁSICO


Tipo Curso Complementario
Código C2051407
Nome FISIOTERAPIA EN UROXINECOLOXÍA, NIVEL BÁSICO
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Información de contacto:  
 · Teléfono 801750 - 801752
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Facultade de Fisioterapia

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 07/07/2014 00:00 - 13/11/2014 23:59
Período de matrícula 15/09/2014 00:00 - 14/11/2014 23:59
Período de docencia 14/11/2014 - 16/11/2014

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 12
Número máximo de participantes 20
Créditos teóricos 0.4
Créditos prácticos 1.6
Validación de libre elección 1

Destinatarios/as

O Curso está destinado a fisioterapeutas e a alumnos de Fisioterapia que, alomenos, no curso 2014-15 sexan de 3º curso do Grao.

Condicións de acceso

Ser diplomado/a ou graduado/a en Fisioterapia ou estar matriculado como alumno de 3º ou 4º curso do Grao en Fisioterapia.

Criterios de selección

Preferencia, e por esta orde: fisioterapeutas, alumnos de 4º curso e alumnos de 3º curso.
Dentro de cada un destes grupos, por orde de preinscrición.

Calendario

Do 14 ao 16 de novembro de 2014.
Horario: VENRES 14 de novembro: de 15:30 a 20:30 horas; SÁBADO 15 de novembro: de 9:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas; e DOMINGO 16 novembro: de 9:00 a 14:00 horas.

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
Estudo do continente pélvico (modelo óseo, planos musculares, funcións do chan pélvico).
Estudo do contido pélvico (órganos pélvicos, sistema de suspensión, cinética dos órganos pélvicos, continencia/micción)
Evidencias científicas dos diferentes métodos de tratamento
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Fisiopatoloxía do chan pélvico: biomecánica da rexión lumbo-abdomino-pelvi-perineal
Fisiopatoloxía do chan pélvico: alteración da estática pélvica
Fisiopatoloxía do chan pélvico: valoración da estática lumbopélvica e probas complementarias
Abordaxe fisioterapéutico uroxinecolóxico: fase de información e toma de conciencia; fase de reeducación; fase de automatismo do periné.
Técnicas de tratamento: técnicas comportamentales, exercicios de reeducación abdominoperineal e técnicas instrumentales.

Modo de pagamento

O importe da matrícula é de 160 €. O pagamento farase efectivo en calquera oficina de NGB, indicando o nome ou o código do curso.

Sistema de avaliación

Existirá un control de asistencia: será obrigatoria a asistencia mínima do 80%
Efectuarase unha avaliación continua por parte do profesorado.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos