VENDAXES FUNCIONAIS NO DEPORTE (VIII Edición)

Información do curso

VENDAXES FUNCIONAIS NO DEPORTE (VIII Edición)


Tipo Curso Complementario
Código C2051501
Nome VENDAXES FUNCIONAIS NO DEPORTE (VIII Edición)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 20
Descrición

Este curso aborda as principais vendaxes funcionais que se aplican no ámbito deportiva en membros inferiores, en membros superiores e en tronco. Curso eminentemente práctico.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986801750
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Facultade de Fisioterapia

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 01/09/2014 00:00 - 12/03/2015 23:59
Período de matrícula 01/10/2014 00:00 - 13/03/2015 23:59
Período de docencia 13/03/2015 - 15/03/2015

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 18
Número máximo de participantes 24
Créditos teóricos 0.2
Créditos prácticos 1.8
Validación de libre elección 1

Destinatarios/as

O Curso está destinado a fisioterapeutas e a alumnos de Fisioterapia que, alomenos, no curso 2014-15 sexan de 2º curso do Grao.

Obxectivos

  • Coñecer a fundamentación teórica e os principios básicos da aplicación das vendaxes funcionais no mundo do deporte.
  • Adquirir a habilidade precisa para a realización dunha vendaxe funcional en distintas aplicacións en membro superior, membro inferior e tronco.

Condicións de acceso

Ser diplomado/a ou graduado/a en Fisioterapia ou estar matriculado como alumno de 2º, 3º ou 4º curso do Grao en Fisioterapia no curso académico 2014-15.

Criterios de selección

Preferencia, e por esta orde: fisioterapeutas, alumnos de 4º curso, alumnos de 3º curso e alumnos de 2º curso.
Dentro de cada un destes grupos, por orde de preinscrición.

Calendario

Do 13 ao 15 de marzo de 2015.
Horario: VENRES 13 de marzo: de 15:30 a 21:00 horas; SÁBADO 14 de marzo: de 9:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas; e DOMINGO 15 de marzo: de 9:00 a 13:30 horas.

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
As vendaxes funcionais no deporte

MÓDULOS PRÁCTICOS:
Vendaxes funcionais de membro inferior
En dedos: Hallux Valgus e articulación metatarsofalánxica.
En planta do pé: metatarsalxias e fascite plantar.
En nocello: VF terapéutico, VF preventivo e en limitacións da flexo-extensión.
En tendón de Aquiles: tendinite aquílea e descarga de xemelgos.
En xeonllo: esguince de LLI, VF estabilizador, VF terapéutico e VF preventivo.
En periostite. De rótula: tendinite rotuliana, recentraxe rotuliano, fixación Osgood-Schlater e descarga de rótula.
En problemas musculares: rotura de isquitibiais, rotura de cuádriceps e descarga de aductores.

Vendaxes funcionais de membro superior
En dedos: distensión interfalánxica, reforzamento de poleas, tendinite de flexores e extensores dos dedos, e distensión ligamentosa do pulgar.
En muñeca: reforzamento da muñeca, limitación da flexo-extensión e desviacións radiais e cubitais.
En cóbado: limitación da extensión do cóbado, epicondilite, epitrocleíte e limitación da prono-supinación.
De ombreiro: subluxación acromio-clavicular, limitación das rotacións e da abducción, e subluxación esterno-clavicular.  

Vendaxes funcionais en tronco
Esguince intercostal, fisura costal, lumbago e roturas musculares no recto anterior do abdome.

Modo de pagamento

O importe da matrícula é de 150 €. O pagamento farase efectivo en calquera oficina de ABANCA (NGB), indicando o nome e o código do curso, ademáis do nome, apelidos e DNI do alumno/a.

Observacións

Laboratorio 1 de Fisioterapia da Facultade de Fisioterapia de Pontevedra (2º andar).

Titulación

Grao de Fisioterapia

Profesorado

Gustavo Patiño Ogea. Fisioterapeuta no exercicio libre na súa propia clínica (Asclepia, A Coruña) e ex-fisioterapeuta do clube de baloncesto Sondeos do Norte.

Sistema de avaliación

Existirá un control de asistencia: será obrigatoria a asistencia mínima do 80%
Efectuarase unha avaliación continua por parte do profesorado.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos