INTRODUCIÓN Á FISIOTERAPIA INVASIVA DA SÍNDROME DA DOR MIOFASCIAL
Información do curso
INTRODUCIÓN Á FISIOTERAPIA INVASIVA DA SÍNDROME DA DOR MIOFASCIAL
Tipo | Curso Complementario | ||||
Código | C2051405 | ||||
Nome | INTRODUCIÓN Á FISIOTERAPIA INVASIVA DA SÍNDROME DA DOR MIOFASCIAL |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Descrición | Este curso introductorio aborda os fundamentos da punción seca e a abordaxe invasiva da síndrome de dor miofascial e dos puntos gatillo. É un curso eminentemente práctico e cunha rápida aplicación clínica. Os participantes aprenderán a realizar a punción seca dos puntos gatillo dalgúns dos principais músculos. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986801750 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Facultade de Fisioterapia
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 12/03/2014 14:10 - 05/06/2014 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 28/04/2014 00:00 - 06/06/2014 23:59 |
Período de docencia | 06/06/2014 - 08/06/2014 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 18 |
---|---|
Número máximo de participantes | 24 |
Créditos teóricos | 0.6 |
Créditos prácticos | 1.4 |
Validación de libre elección | 1 |
Destinatarios/as
O Curso está destinado a fisioterapeutas e a alumnos de Fisioterapia que, alomenos, no curso 2013-14 sexan de 2º curso do Grao ou de 3º da Diplomatura.
Obxectivos
- Entender os fundamentos científicos dos mecanismos analxésicos da punción seca na síndrome de dor miofascial e dos puntos gatillo miofasciais (PGM).
- Identificar por palpación os músculos clínicamente máis relevantes así como os seus síntomas, patrón de dor referido e factores de activación e perpetuación.
- Entender as indicacións e contraindicacións da punción seca dos PGM.
- Aplicar de forma segura a punción seca dalgúns dos músculos clínicamente máis relevantes.
- Coñecer as posibles complicacións, perigos e contraindicacións da punción seca que permitan actuar dunha forma segura en caso necesario.
Condicións de acceso
Ser diplomado/a ou graduado/a en Fisioterapia ou estar matriculado como alumno de 2º, 3º ou 4º curso do Grao en Fisioterapia ou en 3º da Diplomatura en Fisioterapia no curso académico 2013-14.
Criterios de selección
Preferencia, e por esta orde: fisioterapeutas, alumnos de 4º curso, alumnos de 3º curso e alumnos de 3º curso.
Dentro de cada un de estes grupos, por orde de preinscrición.
Calendario
Do 6 ao 8 de xuño de 2014.
Horario: VENRES 6 de xuño: de 15:00 a 20:00 horas; SÁBADO 7 de xuño: de 9:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas; e DOMINGO 8 xuño: de 9:00 a 14:00 horas.
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:
Principios da fisioterapia invasiva
Mecanismos de acción das técnicas invasivas.
Mecanismos analxésicos da punción seca na síndrome da dor miofascial
Presentacións clínicas máis frecuentes de orixe miofascial (dor lateral e medial de cóbado, dor de ombreiro, síndrome do desfiladeiro torácico, cervicalxia, lumbalxia, dor anterior de xeonllo,...).
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Músculo infraespinoso: tratamento invasivo.
Anatomía, función, palpación e tratamento invasivo das fibras superiores do músculo trapecio.
Tratamento invasivo (punción seca) do pectoral maior.
Tratamento invasivo (punción seca) do redondo maior e o dorsal ancho.
Tratamento invasivo (punción seca) do redondo menor.
Tratamento invasivo (punción seca) do deltoides.
Palpación e tratamento invasivo do tríceps braquial.
Palpación e tratamento invasivo do extensor común dos dedos, do extensor radial largo do carpo e do braquiorradial.
Anatomía, función, palpación e tratamento invasivo do tensor da fascia lata.
Anatomía, función, palpación e tratamento invasivo dos glúteos maior, medio e menor.
Anatomía, función, palpación e tratamento invasivo dos vastos medial e lateral e do recto anterior do cuádriceps.
Anatomía, función, palpación e tratamento invasivo dos isquiotibiais
Anatomía, función, palpación e tratamento invasivo dos gastrocnemios e do sóleo.
Modo de pagamento
O importe da matrícula é de 140 €. O pagamento farase efectivo en calquera oficina de NGB, indicando o nome ou o código do curso. O código do curso é o C2051405.
Impartido en
Laboratorio 1 da Facultade de Fisioterapia da Universidade de Vigo, Campus de Pontevedra.
Titulación
Grao de Fisioterapia
Profesorado
Guillermo Bilbao Ogando. Fisioterapeuta do Hospital do Salnés (Pontevedra) e profesor Asociado de Ciencias da Saúde da Universidade de Vigo.
Sistema de avaliación
Existirá un control de asistencia: será obrigatoria a asistencia mínima do 80%
Efectuarase unha avaliación continua por parte do profesorado.