TRATAMENTO CONSERVADOR DA SÍNDROME DA DOR MIOFASCIAL, NIVEL BÁSICO
Información do curso
TRATAMENTO CONSERVADOR DA SÍNDROME DA DOR MIOFASCIAL, NIVEL BÁSICO
Tipo | Curso Complementario | ||||
Código | C2051404 | ||||
Nome | TRATAMENTO CONSERVADOR DA SÍNDROME DA DOR MIOFASCIAL, NIVEL BÁSICO |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Descrición | Este curso básico aborda os fundamentos do tratamento conservador da síndrome de dor miofascial. É un curso eminentemente práctico e cunha rápida aplicación clínica. Os participantes aprenderán a identificación mediante palpación así como o tratamento dos puntos gatillo dos músculos clínicamente máis relevantes. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986801750 | ||||
· Fax | 986801780 | ||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Facultade de Fisioterapia
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 12/03/2014 14:01 - 24/04/2014 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 17/03/2014 00:00 - 25/04/2014 23:59 |
Período de docencia | 25/04/2014 - 27/04/2014 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 18 |
---|---|
Número máximo de participantes | 24 |
Créditos teóricos | 0.3 |
Créditos prácticos | 1.7 |
Validación de libre elección | 1 |
Destinatarios/as
O Curso está destinado a fisioterapeutas e a alumnos de Fisioterapia que, alomenos, no curso 2013-14 sexan de 2º curso do Grao ou de 3º da Diplomatura.
Obxectivos
- Entender os fundamentos científicos da síndrome de dor miofascial e dos puntos gatillo (PGM).
- Identificar por palpación os músculos clínicamente máis relevantes así como os seus síntomas, patrón de dor referido e factores de activación e perpetuación.
- Entender as indicacións e contraindicacións da abordaxe conservadora dos PGM
- Aplicar o tratamento conservador (manual) dos músculos clínicamente máis relevantes.
Condicións de acceso
Ser diplomado/a ou graduado/a en Fisioterapia ou estar matriculado como alumno de 2º, 3º ou 4º curso do Grao en Fisioterapia ou en 3º da Diplomatura en Fisioterapia no curso académico 2013-14.
Criterios de selección
Preferencia, e por esta orde: fisioterapeutas, alumnos de 4º curso, alumnos de 3º curso e alumnos de 3º curso.
Dentro de cada un de estes grupos, por orde de preinscrición.
Calendario
Do 25 ao 27 de abril de 2014.
Horario: VENRES 25 de abril: de 15:00 a 20:00 horas; SÁBADO 26 de abril: de 9:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas; e DOMINGO 27 de abril: de 9:00 a 14:00 horas.
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:
A síndrome de dor miofascial (SDM). Os puntos gatillo miofasciais (PGM): clasificación, características e criterios diagnósticos.
Tratamento conservador da SDM: protocolo de tratamento.
Natureza dos puntos gatillo miofasciais
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Anatomía, función e palpación muscular plana do infraespinoso. Identificación da banda tensa e do PGM. Provocación da dor referida.
Anatomía, función e palpación muscular en pinza do esternocleidomastoideo. Identificación da banda tensa e do PGM. Provocación da dor referida.
A técnica suíza de tratamento en infraespinoso e esternocleidomastoideo.
Anatomía, función, palpación e tratamento conservador das fibras superiores do músculo trapecio.
Anatomía, función, palpación e tratamento conservador das fibras medias e inferiores do músculo trapecio.
Anatomía, función, palpación e tratamento conservador dos escalenos e do elevador da escápula.
Anatomía, función, palpación e tratamento conservador do longísimo e do iliocostal.
Anatomía, función, palpación e tratamento conservador do pectoral maior.
Anatomía, función, palpación e tratamento conservador do redondo maior e dorsal ancho.
Anatomía, función, palpación e tratamento conservador do subescapular e do redondo menor.
Anatomía, función, palpación e tratamento conservador do deltoides.
Anatomía, función, palpación e tratamento conservador do tríceps braquial.
Anatomía, función, palpación e tratamento conservador do extensor común dos dedos, do extensor radial largo do carpo e do braquiorradial.
Anatomía, función, palpación e tratamento conservador do cadrado lumbar, do iliopsoas e do ilíaco
Palpación e tratamento conservador do tensor da fascia lata e dos glúteos maior, medio e menor.
Palpación e tratamento conservador dos vastos medial e lateral e do recto anterior do cuádriceps, e dos isquiotibiais
Palpación e tratamento conservador dos gastrocnemios e do sóleo.
Modo de pagamento
O importe da matrícula é de 114 €. O pagamento farase efectivo en calquera oficina de NGB, indicando o nome ou o código do curso. O código do curso é C2051404.
Impartido en
Laboratorio 1 da Facultade de Fisioterapia da Universidade de Vigo, Campus de Pontevedra.
Titulación
Grao de Fisioterapia.
Profesorado
Guillermo Bilbao Ogando. Fisioterapeuta do Hospital do Salnés (Pontevedra) e profesor Asociado de Ciencias da Saúde da Universidade de Vigo.
Sistema de avaliación
Existirá un control de asistencia: será obrigatoria a asistencia mínima do 80%
Efectuarase unha avaliación continua por parte do profesorado.