VENDAXES FUNCIONAIS NO DEPORTE (VII EDICIÓN)
Información do curso
VENDAXES FUNCIONAIS NO DEPORTE (VII EDICIÓN)
Tipo | Curso Complementario | ||||
Código | C2051402 | ||||
Nome | VENDAXES FUNCIONAIS NO DEPORTE (VII EDICIÓN) |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986801750 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Facultade de Fisioterapia
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 07/01/2014 00:00 - 13/03/2014 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 25/02/2013 00:00 - 14/03/2014 23:59 |
Período de docencia | 14/03/2014 - 16/03/2014 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 18 |
---|---|
Número máximo de participantes | 24 |
Créditos teóricos | 0.2 |
Créditos prácticos | 1.8 |
Validación de libre elección | 1 |
Destinatarios/as
O Curso está destinado a fisioterapeutas e a alumnos de Fisioterapia que, alomenos, no curso 2013-14 sexan de 2º curso do Grao ou de 3º da Diplomatura.
Obxectivos
- Coñecer a fundamentación teórica e os principios básicos da aplicación das vendaxes funcionais no mundo do deporte.
- Adquirir a habilidade precisa para a realización dunha vendaxe funcional en distintas aplicacións en membro superior, membro inferior e tronco.
Condicións de acceso
Ser diplomado/a ou graduado/a en Fisioterapia ou estar matriculado como alumno de 2º, 3º ou 4º curso do Grao en Fisioterapia ou en 3º da Diplomatura en Fisioterapia no curso académico 2013-14.
Criterios de selección
Por estricta orde de preinscrición.
Calendario
Do 14 ao 16 de marzo de 2014.
Horario: VENRES 14 de marzo: de 15:30 a 21:00 horas; SÁBADO 15 de marzo: de 9:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas; e DOMINGO 16 de marzo: de 9:00 a 13:30 horas.
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:
As vendaxes funcionais no deporte
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Vendaxes funcionais de membro inferior
En dedos: Hallux Valgus e articulación metatarsofalánxica.
En planta do pé: metatarsalxias e fascite plantar.
En nocello: VF terapéutico, VF preventivo e en limitacións da flexo-extensión.
En tendón de Aquiles: tendinite aquílea e descarga de xemelgos.
En xeonllo: esguince de LLI, VF estabilizador, VF terapéutico e VF preventivo.
En periostite. De rótula: tendinite rotuliana, recentraxe rotuliano, fixación Osgood-Schlater e descarga de rótula.
En problemas musculares: rotura de isquitibiais, rotura de cuádriceps e descarga de aductores.
Vendaxes funcionais de membro superior
En dedos: distensión interfalánxica, reforzamento de poleas, tendinite de flexores e extensores dos dedos, e distensión ligamentosa do pulgar.
En muñeca: reforzamento da muñeca, limitación da flexo-extensión e desviacións radiais e cubitais.
En cóbado: limitación da extensión do cóbado, epicondilite, epitrocleíte e limitación da prono-supinación.
De ombreiro: subluxación acromio-clavicular, limitación das rotacións e da abducción, e subluxación esterno-clavicular.
Vendaxes funcionais en tronco
Esguince intercostal, fisura costal, lumbago e roturas musculares no recto anterior do abdome.
Modo de pagamento
O importe da matrícula é de 150 €. O pagamento farase efectivo en calquera oficina de NGB, indicando o nome ou o código do curso.
Impartido en
Laboratorio 1 de Fisioterapia da Facultade de Fisioterapia de Pontevedra (2º andar).
Titulación
Grao de Fisioterapia
Profesorado
Gustavo Patiño Ogea. Fisioterapeuta no exercicio libre na súa propia clínica (Asclepia, A Coruña) e ex-fisioterapeuta do clube de baloncesto Sondeos do Norte.
Sistema de avaliación
Existirá un control de asistencia: será obrigatoria a asistencia mínima do 80%
Efectuarase unha avaliación continua por parte do profesorado.