VENDAXES NEUROMUSCULARES (KINESIOTAPING) - XIII EDICIÓN

Información do curso

VENDAXES NEUROMUSCULARES (KINESIOTAPING) - XIII EDICIÓN


Tipo Curso Complementario
Código C2051403
Nome VENDAXES NEUROMUSCULARES (KINESIOTAPING) - XIII EDICIÓN
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Descrición

Este curso introductorio aborda os fundamentos da vendaxe neuromuscular ou kinesiotaping. É un curso eminentemente práctico e cunha rápida aplicación clínica. Os participantes aprenderán a realizar a vendaxe neuromuscular nas aplicacións máis relevantes en músculos, ligamentos, cicatrices, fibrose, hematomas ou linfáticas, así como para a corrección articular e fascial. 

Información de contacto:  
 · Teléfono 986801750
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Facultade de Fisioterapia

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 13/01/2014 00:00 - 17/07/2014 23:59
Período de matrícula 09/06/2014 00:00 - 18/07/2014 23:59
Período de docencia 18/07/2014 - 20/07/2014

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 20
Número máximo de participantes 24
Créditos teóricos 0.5
Créditos prácticos 1.5
Validación de libre elección 1

Destinatarios/as

Fisioterapeutas.
En caso de que a dirección así o indique, poderanse adicar prazas a alumnos/as de 2º, 3º ou 4º curso do Grao en Fisioterapia ou de 3º curso da Diplomatura de Fisioterapia do ano académico 2013-14.

Obxectivos

  • Coñecer a fundamentación teórica da vendaxe neuromuscular como técnica de tratamento.
  • Coñecer os principios básicos de aplicación da vendaxe neuromuscular.
  • Adquirir a habilidade precisa para a realización dunha vendaxe neuromuscular en distintas aplicacións.

Condicións de acceso

1.Diplomados/as e/ou Graduados/as en Fisioterapia.
2.No caso de que así o decidida a Dirección do curso, estar matriculado como alumno de 2º, 3º ou 4º curso do Grao en Fisioterapia ou de 3º curso da Diplomatura de Fisioterapia do ano académico 2013-14.

Criterios de selección

Por orden de preinscrición.

Calendario

Do 18 ao 20 de xullo de 2014.
Horario: VENRES 18 de xullo: de 15:30 a 21:00 horas; SÁBADO 19 de xullo: de 9:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas; e DOMINGO 20 de xullo: de 9:00 a 13:30 horas.

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
A vendaxe neuromuscular ou kinesiotaping: desenvolvemento histórico (orixe e antecedentes) e conceptos actuais
Efectos, accións e mecanismos de acción da vendaxe neuromuscular
Principios de aplicación da vendaxe neuromuscular
Evidencias científicas da vendaxe neuromuscular
Materiais a empregar na vendaxe neuromuscular
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Aplicacións neuromusculares
Aplicacións en ligamentos
Aplicacións para corrección articular
Aplicacións para corrección das fascias
Aplicacións para "aumentar o espacio"
Aplicacións linfáticas
Aplicacións en cicatrices, fibrosis e hematomas

Modo de pagamento

O importe da matrícula é de 165 €. O pagamento farase efectivo en calquera oficina de NGB, indicando o nome ou o código do curso.

Impartido en

Laboratorio 1 da Facultade de Fisioterapia da Universidade de Vigo, Campus de Pontevedra.

Titulación

Grao de Fisioterapia.

Profesorado

José Manuel Fernández Rodríguez. Fisioterapeuta. Profesor da Universidade de Castela-A Mancha na Escola Universitaria de Enfermería e Fisioterapia de Toledo.

Sistema de avaliación

Existirá un control de asistencia: será obrigatoria a asistencia mínima do 80%
Efectuarase unha avaliación continua por parte do profesor do curso.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos