Introdución ao Community Management

Información do curso

Introdución ao Community Management


Tipo Curso de Formación
Código CFP0054
Nome Introdución ao Community Management
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 12
Descrición

O obxectivo do curso é afondar no coñecemento das principais redes sociais que existen actualmente e na súa xestión estratéxica dentro do Plan de Comunicación e Marketing dunha empresa. A nova contorna 2.0 supuxo un novo panorama para as empresas coa aparición dos medios sociais, que permiten aos usuarios situarse no centro de atención, ofrecendo unha comunicación bidireccional coas compañías. Trátase dunha relación que debe ser monitorizada, analizada e xestionada por profesionais que coñezan ofuncionamento, a linguaxe e as posibilidades que ofrecen os social media.

Analizaremos a contorna 2.0 e formularemos as posibilidades en canto a estratexia de marketing online que ofrecen as redes sociais, describindo un Plan de Social Media que permita ás empresas aproveitar todos os recursos e beneficios que supoñen.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 80 20 80
 · Fax 986 80 20 82
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 09/04/2014 10:00 - 16/04/2014 16:00

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 20
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.

Obxectivos

Dotar ao alumnado dos conceptos básicos sobre a contorna 2.0 e as redes sociais.

Ofrecer ao estudantado as ferramentas necesarias para monitorizar, xestionar e medir a actividade nas redes sociais a nivel profesional.

Dar as claves aol alumnado para desenvolver un plan de Social Media que se englobe no Plan de Comunicación e Marketing da empresa.

Condicións de acceso

Preinscrición en Bubela no periodo comprendido entre o 9 e o 16 de abril de 2014.

Criterios de selección

Rigorosa orde de prelación. Terán preferencia as persoas que non estiveran matriculadas en edicións anteriores deste curso así como noutros ofertados para a Aula Tecnolóxica da Casa das Campás. Aquelas persoas que se matriculen e non asistan ao curso, sen xustificación previa, non poderán volver matricularse nos cursos da Aula Tecnolóxica. O documento que xustifique a non asistencia ao curso deberá achegarse á Vicerreitoría do Campus de Pontevedra con dous días de antelación ao comezo de curso

Calendario

21,23,28,30 de abril; 5 e 7 de maio de 2014, en horario de 19:00 a 21:00 horas

Programa

Contorna  2.0

Redes Sociais

            Definición

            Tipoloxía

            Programación de contidos

Marketing Dixital

            Publicidade nas redes sociais

            Plan de Social Media

Community Manager, unha nova profesión

Ferramentas e KPIs

 

Modo de pagamento

Matrícula gratuíta.

Impartido en

Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra

Rúa D. Filiberto, 9-11

36002 Pontevedra

Profesorado

Marta Crespo

Sistema de avaliación

Exposición de contidos teóricos e exercicios prácticos que o alumnado realizará na aula

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos