Información do curso
Maquetación web con CSS
Tipo |
Curso de Formación |
|
Código |
CFP0053 |
Nome |
Maquetación web con CSS |
|
|
Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema
aquí.
|
|
Modalidade |
Presencial |
Horas |
12 |
Descrición |
Malia que non estamos xa nos primeiros días da web, cómpre transmitir que a crítica importancia de ter un sitio web apropiadamente "deseñado", accesible e utilizable, é aínda unha das tarefas máis desafiantes que as persoas expertas en comunicación necesitan enfrontar.
Con este curso queremos dotar ao alumnado dos fundamentos básicos para conseguir tal meta grazas á maquetación de documentos html por medio de follas de estilo CSS.
CSS (acrónimo de CascadingStyleSheets)é unha pseudo-linguaxe usada para definir e controlar o aspecto ou presentación dos documentos electrónicos definidos con HTML e XHTML. CSS é a mellor forma de separar os contidos e a súa presentación e é imprescindible para crear páxinas web complexas, ademáis , con elas é posible controlar non só páxinas web senón todo aquelo que se refira á representación en pantalla, ou incluso noutros soportes, como medios impresos, lectores de voz... |
Información de contacto: |
|
· Teléfono |
986 80 20 80 |
|
· Fax |
986 80 20 82 |
· Enderezo electrónico |
|
Compartir: |
|
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Información sobre o calendario (datas)
Destinatarios/as
Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.
Obxectivos
-
Dotar ao alumnados dos fundamentos básicos de maquetación de páxinas web con follas de estilo en cascada.
-
Dar a coñecer a dita linguaxe cun enfoque práctico para que en poucos pasos o alumnado poida maquetar código CSS duhna maneira depurada.
-
Capacitar ao alumnado para que coas ditas nocións básicas poida afondar na investigación e o desenvolvemento das súas capacidades.
Condicións de acceso
Preinscrición en Bubela no periodo comprendido entre o 24 e o 28 de marzo de 2014.
Criterios de selección
Rigorosa orde de prelación. Terán preferencia as persoas que non estiveran matriculadas en edicións anteriores deste curso así como noutros ofertados para a Aula Tecnolóxica da Casa das Campás. Aquelas persoas que se matriculen e non asistan ao curso, sen xustificación previa, non poderán volver matricularse nos cursos da Aula Tecnolóxica. O documento que xustifique a non asistencia ao curso deberá achegarse á Vicerreitoría do Campus de Pontevedra con dous días de antelación ao comezo de curso
Calendario
31 de marzo; 2,3,7,9,10 de abril de 2014, en horario de 19:00 a 21:00 horas
Programa
-
Introdución á linguaxe CSS
-
Funcionamento e sintaxis de propiedades CSS
-
Estrutura do código
-
Etiquetas, Clases , Selectores básicos e Avanzados
-
Posicionamento e visualización
-
Texto, enlaces, listas, tablas e formularios
-
Estrutura ou Layout
-
Hacks, filtros, outros
Modo de pagamento
Matrícula gratuíta.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.
Profesorado
Yago Gestoso Souto
Sistema de avaliación
Exposición de contidos teóricos e exercicios prácticos que o alumnado realizará na aula