Visualización da información. DATAVIS
Información do curso
Visualización da información. DATAVIS
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | CFP0052 | ||||
Nome | Visualización da información. DATAVIS |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 12 | ||||
Descrición | Actualmente estamos expostos a moitos máis datos que en calquera outro momento da historia, moitos máis dos que somos quen de asimilar ou reter. Unha edición dominical de calquera periódico contén máis información da que unha persoa do Renacemento podía acceder ao longo de toda a súa vida. Con toda esta saturación da información, o establecer modelos de aprehensión de información é unha necesidade de primeiro orden, un incipiente campo de traballo nas fronteiras da computación, a estatística e o deseño gráfico. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 80 20 80 | ||||
· Fax | 986 80 2082 | ||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 03/03/2014 10:00 - 07/03/2014 16:00 |
---|
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 20 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.
Obxectivos
Con este curso preténdese:
-
Iniciar ao alumnado no mundo da visualización da información.
-
Darlle a coñecer o potencial comunicativo que ten a representación da información.
-
Introducilo nas principais técnicas de extracción e análise de datos
-
Darlle unha guía para a representación gráfica deses datos
Condicións de acceso
Preinscrición en Bubela no periodo comprendido entre o 3 e o 7 de marzo de 2014.
Criterios de selección
Rigorosa orde de prelación. Terán preferencia as persoas que non estiveran matriculadas en edicións anteriores deste curso así como noutros ofertados para a Aula Tecnolóxica da Casa das Campás. Aquelas persoas que se matriculen e non asistan ao curso, sen xustificación previa, non poderán volver matricularse nos cursos da Aula Tecnolóxica. O documento que xustifique a non asistencia ao curso deberá achegarse á Vicerreitoría do Campus de Pontevedra con dous días de antelación ao comezo de curso
Calendario
1012,13,17,19 e 21 de marzo de 2014, en horario de 19:00 a 21:00 horas
Programa
-
Extracción de datos: HTML e PDF
-
Limpeza de datos: Google Refine
-
Análise de datos: Excel (Tablas dinámicas)
-
Visualización de datos: Google fusion tables e Infogr.am
-
Visualización de datos e infografías.
Elección dos gráficos adecuados e claves para unha mellor representación
Modo de pagamento
Matrícula gratuíta.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás
Rúa D. Filiberto, 9-11
36002 Pontevedra
Profesorado
Juan Elosúa e Diego Fernández
Sistema de avaliación
Exposición de contidos teóricos e exercicios prácticos que o alumnado realizará na aula