Introdución á programación Javascript con JQuery
Información do curso
Introdución á programación Javascript con JQuery
| Tipo | Curso de Formación | ||||
| Código | CFP0051 | ||||
| Nome | Introdución á programación Javascript con JQuery |
|
|||
| Modalidade | Presencial | ||||
| Horas | 12 | ||||
| Descrición | O obxectivo do curso é introducir ao alumnado nos conceptos básicos da programación Javascript a través da biblioteca de programación JQuery. Ésta é unha biblioteca de JavaScript que permite simplificar a maneira de interactuar cos documentos HTML, manipular a árbore DOM, manexar eventos, desenvolver animacións e agregar interacción coa técnica AJAX a páginas web. Query é software libre e de código aberto, posúe un doble licenciamento baixo a Licencia MIT e a Licencia Pública Xeral de GNU v2, permitindo o seu uso en proxectos libres e privativos. jQuery, ao igual que outras bibliotecas, ofrece unha serie de funcionalidades baseadas en JavaScript que doutra maneira requirirían de moito máis código, é dicir, coas funcións propias desta biblioteca lógranse grandes resultados en menos tempo e espazo.
Para este curso recoméndase ter coñecementos básicos previos de HTML, CSS e JavaScript. |
||||
| Información de contacto: | |||||
| · Teléfono | 986 80 20 80 | ||||
| · Fax | 986 80 20 82 | ||||
| · Enderezo electrónico | |||||
| Compartir: |
|
||||
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
Información sobre o calendario (datas)
| Período de preinscrición | 03/02/2014 10:00 - 07/02/2014 14:00 |
|---|
Prazas e créditos
| Número mínimo de participantes | 20 |
|---|---|
| Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.
Recoméndase ter coñecementos básicos previos de HTML, CSS e JavaScript
Condicións de acceso
Preinscrición en Bubela no periodo comprendido entre o 3 e o 7 de febreiro de 2014.
Criterios de selección
Rigorosa orde de prelación. Terán preferencia as persoas que non estiveran matriculadas en edicións anteriores deste curso así como noutros ofertados para a Aula Tecnolóxica da Casa das Campás. Aquelas persoas que se matriculen e non asistan ao curso, sen xustificación previa, non poderán volver matricularse nos cursos da Aula Tecnolóxica. O documento que xustifique a non asistencia ao curso deberá achegarse á Vicerreitoría do Campus de Pontevedra con dous días de antelación ao comezo de curso.
Obxectivos
Dotar ao alumnado dos conceptos básicos da utilización da biblioteca JQuery.
Que o alumnado coñeza os requisitos e posibilidades dos proxectos interactivos HTML.
Capacitar ao alumnado para que coas ditas nocións básicas poida afondar na investigación e o desenvolvemento das súascapacidades.
Profesorado
Diego Borrajo
Programa
Introdución
Elementos de jQuery
Selección
Texto
Eventos de rato
Efectos
AJAX
CallBacks
Efectos
Interaccións
Calendario
10,12,13,17,19 e 20 de febreiro de 2014, en horario de 19.00 a 21.00 horas.
Modo de pagamento
Matrícula gratuíta.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa da Campás de Pontevedra
Rúa D. Filiberto, 9-11
36002 Pontevedra
Sistema de avaliación
Exposición de contidos teóricos e exercicios prácticos que o alumnado realizará na aula


