Processing. Unha porta de entrada ao código creativo

Información do curso

Processing. Unha porta de entrada ao código creativo


Tipo Curso de Formación
Código CFP0050
Nome Processing. Unha porta de entrada ao código creativo
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 12
Descrición

O obxectivo do curso é introducir ao alumnado nos conceptos básicos da programación informática. Para eso buscarase unha linguaxe fácil, que permita ser utilizada tanto para a creación multimedia como para o deseño gráfico, a escena artística, a representación de datos ou a creación de sinxelas simulacións de conceptos de matemáticas, física ou de xeometría. En definitiva, é unha linguaxje de programación, moi sinxela, rápida e  versátil que permite unha aprendizaxe doada.

         A plataforma Processing é Software Libre e está moi estendida por todo o mundo. Ademáis permite unha fácil migración a outras linguaxes como Flash ou Java, e é especialmente útil tanto para a programación final como para o abocetado de prototipos.

Concretamente, este curso contará cunha expansión nun segundo curso posterior que tratará sobre a utilización de Processing como ferramenta para o deseño de espazos interactivos.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 80 20 80
 · Fax 986 80 20 82
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 31/01/2014 10:00 - 05/02/2014 16:00

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 20
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.

Obxectivos

Dotar ao alumnado dos conceptos básicos da programación informática.

Que o alumnado coñeza os requisitos e posibilidades dos proxectos interactivos

Capacitar ao alumnado para que coas ditas nocións básicas poida afondar na investigación e o desenvolvemento das súas capacidades.

 

Condicións de acceso

Preinscrición en Bubela no período comprendido entre o 31 de xaneiro e o 5 de febreiro de 2014.

Criterios de selección

Rigorosa orde de prelación. Terán preferencia as persoas que non estiveran matriculadas en edicións anteriores deste curso así como noutros ofertados para a Aula Tecnolóxica da Casa das Campás. Aquelas persoas que se matriculen e non asistan ao curso, sen xustificación previa, non poderán volver matricularse nos cursos da Aula Tecnolóxica. O documento que xustifique a non asistencia ao curso deberá achegarse á Vicerreitoría do Campus de Pontevedra con dous días de antelación ao comezo de curso.

Calendario

7,14,21,28 de febreiro e 7 e 14 de marzo, en horario de 19.00 a 21.00 horas.

Programa

Introdución a Processing

Interfaz

Estrutura do código

Variables

Operadores

Condicións

Bucles

Funcións

Modo de pagamento

Matrícula gratuíta.

Impartido en

Aula Tecnolóxica da Casa das Campás

Rúa D. Filiberto, 9-11

36002 Pontevedra

Titulación

Licenciado en Belas Artes.

Profesorado

Alberto García Ariza.

Sistema de avaliación

 Exposición de contidos teóricos e exercicios prácticos que o alumnado realizará na aula

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos