CURSO DE FORMACIÓN EN ACTUALIZACIÓN EN LITERATURA ESPAÑOLA

Información do curso

CURSO DE FORMACIÓN EN ACTUALIZACIÓN EN LITERATURA ESPAÑOLA


Tipo Curso de Formación
Código FH111401
Nome CURSO DE FORMACIÓN EN ACTUALIZACIÓN EN LITERATURA ESPAÑOLA
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 30
Información de contacto:  
 · Teléfono 986813960
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Dpto. Literatura Española e Teoría da Literatura

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 23/12/2013 00:00 - 24/01/2014 23:59
Período de matrícula 10/01/2014 00:00 - 06/02/2014 23:59
Período de docencia 12/02/2014 - 27/03/2014

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 20
Número máximo de participantes 25
Créditos teóricos 2.6
Créditos prácticos 0.4
Validación de libre elección 2

Destinatarios/as

O curso está especialmente enfocado ao profesorado de ensino secundario que imparte docencia en centros sostidos con fondos públicos e ao alumnado de posgrado que se forma cara a docencia en medias.

Condicións de acceso

1.Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo.
2.Alumnos/as da universidade.
3.Profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios.
4.De xeito excepcional, e sempre que non superen o 50% do total do alumnado do curso, poderán ser admitidos os mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.

Criterios de selección

1. Pertencer ao corpo de profesores/as de Ensino Secundario-Bacharelato
2. Ser titulado/a universitario/a
3. Ser alumno/a da universidade

Calendario

Días 12 e 13 de febreiro, de 17:00 a 21:00 h.
Días 19 e 20 de febreiro e 12, 13, 19 e 20 de marzo, de 17.00 h a 20.00 h.

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
Novos enfoques nos estudios en Literatura Española
1.Actualización dos enfoques de análise da literatura española.
2.Reflexión sobre novos instrumentos para a docencia en literatura española no ensino secundario e no bacharelato.
3.Favorecer a reciclaxe de coñecementos do profesorado e a achega á oferta formativa en materias de Literatura Española na Universidade de Vigo

MÓDULOS PRÁCTICOS:
Análise das novas perspectivas no estudo da literatura española
Reflexión persoal sobre as novas perspectivas de análise literaria que se propoñen no módulo teórico.

Modo de pagamento

O importe da matrícula é de 42,75  €. O pagamento farase efectivo en calquera oficina de NGB, indicando o nome ou o código do curso.

Titulación

A superación do curso dará dereito á obtención dun diploma expedido pola Universidade de Vigo.
Importe do diploma:

  • De 1 a 5 créditos: 12,02 €
  • De 6 a 10 créditos: 30,05 €
  • A partir de 11 créditos: O mesmo importe que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, mediante Decreto anual, fixa para os títulos oficiais a nivel de Diplomado ou equivalentes (60,10 € no curso académico 2011/2012).

A tramitación do diploma realízase na Sección de Títulos e Plans de Estudo:

Edificio de Xerencia e Servizos Centrais
Campus de Lagoas-Marcosende
36310 - VIGO (Pontevedra)
Teléfono.: 986 813 632
E-mail: negociadodetitulospropios@uvigo.es

Sistema de avaliación

1.Asistencia ás clases
2.Redacción dun informe sobre os contidos do curso, de acordo cun guión que se facilitará ao comenzo do mesmo

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos