Master en políticas comunitarias, desenvolvemento e cooperación transfronteiriza

Información do curso

Master en políticas comunitarias, desenvolvemento e cooperación transfronteiriza


Tipo Máster
Código M3010601
Nome Master en políticas comunitarias, desenvolvemento e cooperación transfronteiriza
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Descrición Máster dirixido aos interesados en especializarse na xestión das políticas comunitarias de ámbito transfronterizo e no desenvolvemento territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, especialmente das titulacións de Dereito, Administración e Dirección de Empresas, Relacións Públicas e Publicidade...
Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812 379
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

ORGANIZA
Facultade de Filoloxía e Tradución

COLABORA:
Consellería de Traballo

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 01/09/2005 00:00 - 10/10/2006 00:00
Período de matrícula 16/10/2005 00:00 - 30/10/2006 00:00
Período de docencia 02/11/2006 - 27/07/2007

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 40
Créditos teóricos 43.2
Créditos prácticos 6

Destinatarios/as

O colectivo de potenciais destinatarios é moi amplo. As institucións públicas (vg. concellos, câmaras, mancomunidades, deputacións, distritos, etc..) teñen interese obxectivo en dispor de especialistas en políticas públicas comunitarias. Así mesmo, as entidades privadas que desenvolven a súa actividade en sectores moi influídos pola actividade dos órganos comunitarios. No ámbito dos estudantes, a Universidade de Vigo conta con titulacións no ámbito xurídico social que demandarían este tipo de ensinos (Dereito, Economía, Empresas, Traballo Social, Xestión e Administración Públicas, Relacións Laborais...).

Obxectivos

En liñas xerais, o obxectivo do programa consiste na formacion de persoas con sólidos coñecementos da Unión Europea nas súas verquentes organizativas e funcionais, dotándoas de ferramentas prácticas para contextualizar as políticas públicas comunitarias nunha rexión concreta e para tirar proveito das mesmas ao obxecto de contribuír a un maior desenvolvemento rexional.

De xeito máis específico os obxectivos serían:
  • Estudiar as institucións comunitarias máis esenciais, con particular atención ao Consello e á Comisión.
  • Coñecer os principais eixos de actuación da Unión Europea e das súas políticas nos seus elementos configuradores.
  • Expoñer as políticas públicas comunitarias de desenvolvemento rexional e as institucións báscicas que soportan as devanditas políticas.
  • Describir os programas máis interesantes de actuación a curto, medio e longo prazo da Unión Europea.
  • Coñecer a realidade socio-económica da Eurorrexión.
  • Analizar as políticas públicas comunitarias con máis incidencia na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
  • Deseñar estratexias de desenvolvemento socio-económico da eurorrexión en función desas políticas.

Condicións de acceso

Para acceder ao título de MASTER:
1.titulados/as universitarios.

Criterios de selección

Primarase o expedente académico dos candidatos. En segundo lugar o seu expediente profesional. Para o caso de que se establezan convenios con corporacións locais poderase reservar para os seus empregados públicos con titulación universitaria ata o 50% das prazas ofertadas

Calendario

Data de inicio dos créditos teóricos: 02/11/2006
Data de finalización dos créditos teóricos: 27/07/2007.
Data de inicio dos créditos de titorías: 02/11/2006
Data de finalización dos créditos de titorías: 27/07/2007
As sesións serán os mércores, xoves e venres de 16:30 a 20:30 horas.
Data de inicio dos créditos prácticos: 02/11/2006
Data de finalización dos créditos prácticos: 27/07/2007.

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
  • Teorías políticas da integración europea
  • Coñecemento e análise das principais teorías políticas sobre a integración europea tanto as de tendencia federalista como as intergobernamentalistas.
  • Gobernanza multinivel, rexións e federalismo na UE
  • Análise e interpretación das teorías políticas da gobernanza multinivel e do federalismo na emerxencia das rexións como actores políticos da construción europea. Análise do entramado institucional da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
  • Cooperación transfronteriza e construción europea: bases e evolución
  • Análise histórico comparado do nacemento e da evolución da cooperación transfronteiriza en Europa.
  • Fundamentos xurídicos da cooperación transfronteiriza
  • Análise comparada dos fundamentos e instrumentos xurídicos nos que se sustenta a cooperación transfronteiriza en Europa.
  • Políticas de cohesión económica e social: bases xurídicas, competencias, instrumentos, perspectivas
  • Análise e interpretación xurídica das políticas de cohesión económica e social, ámbito competencial e instrumentos que a fan posible. Especial atención ás perspectivas financeiras do período 2007-2013.
  • Institucións do sistema político da Unión Europea
  • Análise do sistema político da Unión Europea ao través das súas institucións, órganos e axencias.
  • Procesos políticos europeos e eurorrexionais
  • Identificación dos actores políticos e análise dos procesos comunitarios con especial atención aos que afectan á cooperación transfronteiriza.
  • A estructura demográfica da Eurorrexión
  • Coñecemento e análise das principais variables da demografía da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
  • A fiscalidade en España e Portugal e a cooperación transfronteiriza
  • Análise dos sistemas fiscais español e portugués naqueles aspectos que teñen relación co ámbito da cooperación transfronteiriza.
  • Sociedade rural, sociedade urbana, cambio social e desenvolvemento na Eurorrexión
  • Análise e interpretación da realidade social, rural e urbana, da eurorrexión desde a perspectiva do cambio social e o seu impacto nas políticas de desenvolvemento.
  • Traballo, Ciencia e Educación
  • Análise e interpretación da realidade socioeducativa da eurorrexión e do impacto nela de teorías e políticas de formación, ciencia e emprego
  • A acción cultural social e institucional no ámbito da Eurorrexión
  • Análise e interpretación da acción cultural social e institucional na eurorrexión e o seu impacto nas políticas de desenvolvemento
  • A cooperación económica
  • Análise e interpretación da cooperación económica entre Galicia e o Norte de Portugal, con especial atención ao impacto na mesma das políticas comunitarias de cohesión económico-social.
  • Administración e xestión local na Eurorrexión
  • Análise comparado dos sistemas de administración pública galego e portugués. Análise e interpretación da xestión local na eurorrexión con especial atención as fortalezas e debilidades da mesma en relación coa cooperación transfronteiriza.
  • Estratexias de desenvolvemento económico na eurorrexión
  • Análise e interpretación das distintas estratexias de desenvolvemento eurorrexional posibles, con especial referencia ao papel que nelas poden xogar as políticas comunitarias.
  • Tecnoloxía. I+D e sociedade da información
  • Análise e interpretación das políticas comunitarias neste ámbito e da súa aplicación ao espacio da eurorrexión.
  • O espacio comunicacional eurorrexional
  • Coñecemento e análise da situación actual do espacio comunicacional eurorrexional e do seu impacto nas políticas de desenvolvemento.
  • Aspectos sociais das políticas comunitarias e da cooperación transfronteiriza
  • Análise e interpretación dos aspectos sociais máis relevantes das politicas comunitarias no ámbito da cooperación transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal.
  • Aspectos xurídico-privados das políticas comunitarias e da cooperación transfronteiriza
  • Análise e interpretación dos aspectos xurídico-privados máis relevantes das politicas comunitarias no ámbito da cooperación transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal.
  • As políticas de medio ambiente
  • Análise e interpretación das políticas comunitarias neste ámbito e da súa aplicación ao espacio da eurorrexión.
  • As políticas sociais comunitarias e o desenvolvemento eurorrexional
  • Análise e interpretación das políticas comunitarias neste ámbito e da súa aplicación ao espacio da eurorrexión.
  • Política de consumo
  • Análise e interpretación das políticas comunitarias neste ámbito e da súa aplicación ao espacio da eurorrexión.
MÓDULOS PRÁCTICOS:
  • Practicum
  • Realización dunha estancia en institucións e organizacións públicas ou privadas ou empresas para traballar en aspectos relacionados cos contidos do Master, baixo a supervisión dun titor que será profesor do Master.

Modo de pagamento

A matrícula no curso completo terá un prezo de 1000 euros.

Ofertaranse 6 bolsas por un importe de 500 euros cada unha.

Titulación

Requerirase superar a avaliación e asistir ao 85% das clases presenciais.

Unha vez considerados APTOS, aos alumno/as expediráselles o título de Máster en Políticas comunitarias, desenvolvemento e cooperación transfronteiriza

Sistema de avaliación

Avaliación continua e memoria de prácticas

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos