RETOQUE FOTOGRÁFICO DIXITAL
Información do curso
RETOQUE FOTOGRÁFICO DIXITAL
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | CFP0049 | ||||
Nome | RETOQUE FOTOGRÁFICO DIXITAL |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 12 | ||||
Descrición | Actualmente é difícil concibir o uso da fotografía sen a edición dixital das imaxes. A democratización e presteza das cámaras fan que todo o mundo se enfronte de maneira cotiá ao feito de realizar imaxes. Pero estas, independentemente do obxectivo que teñan, ben sexa como material en bruto para unha posterior produción, ben como documentación de eventos ou meros usos persoais poden ser optimizadas, melloradas e potenciadas se se coñecen os recursos necesarios. Nese punto é onde entra o curso que presentamos. Neste curso non se vai tratar a creación de imaxe dixital desde cero, nin da creación de efectismos visuais, senón que trataremos o retoque dixital sempre partindo dende o ámbito fotográfico. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 80 20 80 | ||||
· Fax | 986 80 20 82 | ||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 29/11/2013 10:00 - 05/12/2013 11:01 |
---|
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 19 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral. Non obstante, as persoas matriculadas deberán coñecer os fundamentos de Photoshop (ferramentas, seleccións e capas). No curso non se ensinará a manexar os programas dende o seu inicio, senón que se concentrará en desenvolver e mellorar o seu manexo.
Obxectivos
Dotar ao alumnado de “nivel usuario” duns coñecementos que lle permitan chegar ao nivel de “afeccionado avanzado”, na xestión e edición de fotografías dixitais.
Que o alumnado coñeza os requisitos e posibilidades da edición non destrutiva.
Capacitar ao alumnado para que coas ditas nocións básicas poida profundar na investigación e no desenvolvemento das súas capacidades.
Condicións de acceso
Preinscrición na plataforma BUBELA no prazo comprendido entre as 10 horas do día 29 de novembro ata as 11 horas do día 5 de decembro de 2013.
Criterios de selección
Rigorosa orde de prelación. Terán preferencia as persoas que non estiveran matriculadas en edicións anteriores deste curso así como noutros ofertados para a Aula Tecnolóxica da Casa das Campás. Aquelas persoas que se matriculen e non asistan ao curso, sen xustificación previa, non poderán volver matricularse nos cursos da Aula Tecnolóxica. O documento que xustifique a non asistencia ao curso deberá achegarse á Vicerreitoría do Campus de Pontevedra con dous días de antelación ao comezo de curso.
Calendario
Días 9,11,13,16,18 e 20 de decembro de 2013, de 19 a 21 horas, na Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra
Programa
1.- Fluxo de traballo con Bridge, ACR e Photoshop.
2.- Arquivos Raw. Revelado en ACR (Adobe Camera Raw).
3.- Correccións, efectos e montaxes en Photoshop (edición non destrutiva)
4.- Retoque en retratos
Modo de pagamento
Matrícula gratuíta.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.
Profesorado
Andrea Costas Lago.