INICIACIÓN Á PROGRAMACIÓN WEB EN JAVASCRIPT

Información do curso

INICIACIÓN Á PROGRAMACIÓN WEB EN JAVASCRIPT


Tipo Curso de Formación
Código CFP0048
Nome INICIACIÓN Á PROGRAMACIÓN WEB EN JAVASCRIPT
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 12
Descrición

O obxectivo do curso é introducir ao alumnado nos conceptos básicos da programación informática. Así pois utilizaremos JavaScript, unha linguaxe fácil de aprender, potente, versátil e moi estendida na creación de páxinas web.

         Traballaremos os elementos básicos de programación, estrutura de control, control das ventás do navegador, formularios intelixentes, validación de datos, modificación de elementos HTML e eventos xerados polas persoas usuarias de páxinas web.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 80 20 80
 · Fax 986 80 2082
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 18/11/2013 10:01 - 22/11/2013 11:01

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 19

Destinatarios/as

Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.

Obxectivos

Dotar ao alumnado dos conceptos básicos da programación informática.

Que o alumnado coñeza os requisitos e posibilidades do desenvolvemento de páxinas web dinámicas.

Capacitar ao alumnado para que coas ditas nocións básicas poida profundar na investigación e no desenvolvemento das súas capacidades.

Condicións de acceso

Preinscrición na plataforma BUBELA no prazo comprendido entre as 10 horas do día 18 de novembro ata as 11 horas do día 22 de novembro de 2013.

Criterios de selección

Rigorosa orde de prelación. Terán preferencia as persoas que non estiveran matriculadas en edicións anteriores deste curso así como noutros ofertados para a Aula Tecnolóxica da Casa das Campás. Aquelas persoas que se matriculen e non asistan ao curso, sen xustificación previa, non poderán volver matricularse nos cursos da Aula Tecnolóxica. O documento que xustifique a non asistencia ao curso deberá achegarse á Vicerreitoría do Campus de Pontevedra con dous días de antelación ao comezo de curso.

Calendario

Días 25,27,28 de novembro, 2,4, e 5 de decembro de 2013, en horario de 19 a 21 horas na Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.

Programa

Introdución a JavaScript

Variables, tipos de variables e operadores.

Estruturas de control de fluxo.

Funcións.

Eventos.

Formularios.

Modo de pagamento

Matrícula gratuíta

Impartido en

Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.

Profesorado

Diego Borrajo Rodríguez.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos