Aplicacións Didácticas Interactivas
Información do curso
Aplicacións Didácticas Interactivas
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | CFP0047 | ||||
Nome | Aplicacións Didácticas Interactivas |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 12 | ||||
Descrición | O sistema educativo actual require de novos enfoques formativos baseados na inclusión das novas tecnoloxías nas aulas, polo que os/as docentes deberán saber crear diferentes contidos que se actualizan facilmente, máis dinámicos e interactivos.
Dado que as TIC favorecen o fomento da formación continua, ofrecendo ferramentas que permiten a creación de contornos virtuais de aprendizaxe, faise necesario familiarizarse coas distintas aplicacións que temos á nosa disposición na rede.
Por este motivo, durante este curso empregaremos diferentes tipos de exercicios educativos dende o programa Hot Potatoes, crearemos un contorno multimedia para a creación, así como a confección de presentacións gráficas de conceptos teóricos coa axuda do Cmap Tools, etc.
Con todas estas aplicacións os/as profesionais da educación poderán crear aplicacións didácticas e interactivas para traballar aspectos do procedemento en case todas as áreas do currículo. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 80 20 80 | ||||
· Fax | 986 80 20 82 | ||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 21/10/2013 10:01 - 25/10/2013 11:01 |
---|
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 19 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria e persoas intersadas en xeral.
Obxectivos
- Trazos básicos para comezar a utilizar programas de software libre orientados á docencia.
- Deseñar diferentes tipos de exercicios en soporte electrónico, integrar recursos multimedia e coñecer o proceso para á xeración de actividades que a cotío se empregan na aula.
- Familiarización coas diferentes ferramentas e cadansúas posibilidades.
- Construción de estruturas de coñecemento.
Condicións de acceso
Preinscrición na plataforma BUBELA no prazo comprendido entre as 10 horas do día 21 de outubro ata as 11 horas do día 25 de outubro de 2013.
Criterios de selección
Rigorosa orde de prelación. Terán preferencia as persoas que non estiveran matriculadas en edicións anteriores deste curso así como noutros ofertados para a Aula Tecnolóxica da Casa das Campás. Aquelas persoas que se matriculen e non asistan ao curso, sen xustificación previa, non poderán volver matricularse nos cursos da Aula Tecnolóxica. O documento que xustifique a non asistencia ao curso deberá achegarse á Vicerreitoría do Campus de Pontevedra con dous días de antelación ao comezo de curso.
Calendario
Días 29 de outubro, 5,12,19,26 de novembro e 3 de decembro de 2013, en horario de 19 a 21 horas, na Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.
Programa
1. JCLIC e JCLIC Author. Puzzles e Xogos. Actividades de texto. Actividades de exploración e identificación. Secuencia de actividades e informes.
2. Hot Potatoes: Jcloze, Jquiz, Jmatch, Jcross, Jmix, The Masher.
2. Toma de contacto co contorno CmapTools.
3. Breve introdución a outras ferramentas para a creación de actividades de interese educativo.
Modo de pagamento
Matrícula gratuíta.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.
Profesorado
Almudena Aparicio Andión.