CONSTRUCIÓN E DESEÑO DE PÁXINAS WEB EN HTML

Información do curso

CONSTRUCIÓN E DESEÑO DE PÁXINAS WEB EN HTML


Tipo Curso de Formación
Código CFP0046
Nome CONSTRUCIÓN E DESEÑO DE PÁXINAS WEB EN HTML
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 12
Descrición

De todos é coñecido o gran poder de divulgación que teñen as páxinas web, pola súa facilidade para integrar contidos de moi diversa índole. Ter presenza en Internet resulta imprescindible se, a nivel persoal ou profesional, queremos darnos a coñecer ó mundo. Grazas á crecente difusión de Software gratuíto, isto resulta cada vez máis sinxelo. Cos editores web de código aberto todo o mundo pode crear sitios web de forma rápida, amena e con moi poucos coñecementos. Aproveitando estes e outros recursos gratuítos presentes en Internet, aprenderemos neste obradoiro a crear en pouco tempo o noso propio sitio web, tendo e conta os últimos estándares de produción como é o HTML5 e o CSS3.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 80 20 80
 · Fax 986 80 20 82
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Vicereitoría do Campus de Pontevedra

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 25/10/2013 10:00 - 31/10/2013 11:00

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 19

Destinatarios/as

Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.

Obxectivos

  • Coñecer o proceso básico de creación dun páxina web
  • Localizar e obter información, aplicacións, recursos ou elementos multimedia das páxinas de descarga gratuíta de Internet
  • Coñecer os elementos que conforman o noso código e canle de comunicación:
    • Imaxe dixital
    • Cor
    • Composición
    • Linguaxe HTML
  • Coñecer o manexo básico das ferramentas de creación e publicación web

Condicións de acceso

Preinscrición na plataforma BUBELA dende as 10 horas do día 25 de outubro ata as 11 horas do día 31 de outubro de 2013.

Criterios de selección

Rigorosa orde de prelación. Terán preferencia as persoas que non estiveran matriculadas en edicións anteriores deste curso así como noutros ofertados para a Aula Tecnolóxica da Casa das Campás. Aquelas persoas que se matriculen e non asistan ao curso, sen xustificación previa, non poderán volver matricularse nos cursos da Aula Tecnolóxica. O documento que xustifique a non asistencia ao curso deberá achegarse á Vicerreitoría do Campus de Pontevedra con dous días de antelación ao comezo de curso.

Calendario

Días 4,6,8,11,13 e 15 de novembro de 2013, en horario de 19.00 a 21.00 horas, na Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.

Programa

  1. INTRODUCIÓN
    • Qué son as páxinas web
    • Tecnoloxías para a creación de páxinas web
    • Páxinas estáticas e dinámicas
    • Estrutura dunha páxina web

 

  1. AS IMAXES EN INTERNET
    • A Imaxe dixital e a cor en internet
    • Obtención e optimización de imaxes co programa GIMP

 

  1. MAQUETACIÓN CON LINGUAXE HTML5 E CSS3
    • Introdución a HTML5: etiquetas básicas
    • Maquetación dunha páxina web con HTML5
  • Propiedades da páxina.
  • Inclusión de elementos básicos: títulos, parágrafos, listas, ligazóns, imaxes, táboas, contedores...
  • Creación da navegación
    • Follas de estilo CSS3  para dar formato ao documento

 

  1. PUBLICACIÓN DA PÁXINA EN INTERNET

 

Modo de pagamento

Matrícula gratuíta.

Impartido en

Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.

Profesorado

Lidia Nokonoko Malvido

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos