CURSO DE FORMACIÓN EN TALLER DE DESEÑO PROFESIONAL

Información do curso

CURSO DE FORMACIÓN EN TALLER DE DESEÑO PROFESIONAL


Tipo Curso de Formación
Código F2011303
Nome CURSO DE FORMACIÓN EN TALLER DE DESEÑO PROFESIONAL
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 180
Información de contacto:  
 · Teléfono 986801833
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Ensino das habilidades e control da técnica de modelaxe, transformación e reconstrución sobre maniquí, estático ou en movemento, adaptando o modelo ós patróns e á inversa.

Adquisición do dominio e control dos recursos estéticos e creativos no desenvolvemento de prendas que conformen unha serie de estilismos propios de unha colección de moda.

Ensino das estruturas fundamentais que constitúen os tecidos de punto e que permitanao alumno deseñar e producir os seus propios proxectos.

Entidades organizadoras

Facultade de Belas Artes. ESDEMGA

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 23/09/2013 00:00 - 26/09/2013 00:00
Período de matrícula 27/09/2013 00:00 - 01/10/2013 00:00
Período de docencia 02/10/2013 - 04/04/2014

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 5
Número máximo de participantes 15
Créditos prácticos 18
Validación de libre elección 12

Destinatarios/as

Interesados en desenvolver a súa actividade profesional na industria téxtil e de moda.

Obxectivos

  • Adquirir os coñecementos específicos dos procesos de desenvolvemento de produto de deseño de moda (prendas, complementos, etc)
  • Coñecer os procesos de fabricación, distribución, comercialización e comunicación de moda.
  • Coñecer as metodoloxías e o seu mellor axeitamento ás propostas de deseño en concordancia coa evolución tecnoloxía e industrial propia do sector.
  • Coñecer e aplicar as metodoloxías que faciliten o desenvolvemento do pensamento creativo.

Condicións de acceso

1.Titulados/as universitarios de primeiro, segundo e terceiro ciclo.

2. Alumnos/as da universidade.

3.Profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios, e de xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos ós mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.

Criterios de selección

Nota media de expediente académico de acceso.

Calendario

i semestre. Do 2 outubro de 2013 a 4 de abril de 2014
Quenda única de tarde de 15:30 a 21:30

Programa

Modelismo e prototipos (moulage) (4 créditos)
Proxectos de deseño textil e moda II (8 créditos)
Xéneros de punto ( 6 créditos)

Modo de pagamento

O importe da matrícula do curso de Formación en Deseño Profesional ( Módulo PO4)con código F2011303 é de 1.080 €.

O pagamento farase efectivo en calquera oficina de NGB, indicando o nome ou o código do curso.

Impartido en

Facultade de Belas Artes. ESDEMGA

Observacións

PRESENTACIÓN CURSO: MÉRCORES 2 DE OUTUBRO NO ESPAZO 25 ÁS 18.00

Titulación

Unha vez considerados APTOS, aos alumnos expediráselles o título de CURSO DE FORMACIÓN EN TALLER DE DESEÑO PROFESIONAL.

Sistema de avaliación

Traballos para expor ou entregar nas clases teóricas e prácticas
Exames
80% de asistencia ás sesións presenciais

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos