CURSO DE FORMACIÓN EN FOTOGRAFÍA E DESEÑO GRÁFICO DE MODA
Información do curso
CURSO DE FORMACIÓN EN FOTOGRAFÍA E DESEÑO GRÁFICO DE MODA
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | F2011301 | ||||
Nome | CURSO DE FORMACIÓN EN FOTOGRAFÍA E DESEÑO GRÁFICO DE MODA |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 100 | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986801833 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
Estudio da fotografía aplicada á moda, percorrido polas estéticas fotográficas, bases técnicas, formación do criterio e a cultura visual necesaria.
Estudo do manexo de sofwares específicos (photoshop, acrobat profesional, ilustrator, indesign). Principios e elementos de deseño gráfico enfocados ó campo do deseño de moda
Entidades organizadoras
Facultade de Belas Artes. ESDEMGA
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 23/09/2013 00:00 - 26/09/2013 00:00 |
---|---|
Período de matrícula | 27/09/2013 00:00 - 08/10/2013 00:00 |
Período de docencia | 02/10/2013 - 04/04/2014 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 5 |
---|---|
Número máximo de participantes | 15 |
Créditos prácticos | 10 |
Validación de libre elección | 6.5 |
Destinatarios/as
Interesados en desenvolver a súa actividade profesional na industria téxtil e de moda
Obxectivos
- Adquirir os coñecementos específicos dos procesos de desenvolvemento de produto de deseño de moda (prendas, complementos, etc)
- Coñecer os procesos de fabricación, distribución, comercialización e comunicación de moda.
- Coñecer as metodoloxías e o seu mellor axeitamento ás propostas de deseño en concordancia coa evolución tecnoloxía e industrial propia do sector.
- Coñecer e aplicar as metodoloxías que faciliten o desenvolvemento do pensamento creativo.
Condicións de acceso
1.Titulados/as universitarios de primeiro, segundo e terceiro ciclo.
2. Alumnos/as da universidade.
3.Profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios, e de xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos ós mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.
Criterios de selección
Nota media de expediente académico de acceso
Calendario
1 semestre. Do 2 outubro de 2013 ao 4 de abril de 2014
Quenda única de tarde de 15:30 a 21:30
Programa
Fotografía aplicada ó deseño e á moda (6 créditos)
Creación do porfolio (4 créditos)
Modo de pagamento
O importe da matrícula do curso de Formación en Fotografía e Deseño Gráfico de Moda ( Módulo PO2) con código F2011301 é de 600 €.
O pagamento farase efectivo en calquera oficina de NGB, indicando o nome ou o código do curso.
Impartido en
Facultade de Belas Artes. ESDEMGA
Observacións
PRESENTACIÓN CURSO: MÉRCORES 2 DE OUTUBRO NO ESPAZO 25 ÁS 18.00
Titulación
Unha vez considerados APTOS, aos alumnos expediráselles o título de CURSO DE FORMACIÓN EN FOTOGRAFÍA E DESEÑO GRÁFICO DE MODA.
Sistema de avaliación
Traballos para expor ou entregar nas clases teóricas e prácticas
Exames
80% de asistencia ás sesións presenciais