III XORNADA DE INNOVACIÓN EN XÉNERO. DOCENCIA E INVESTIGACIÓN
Información do curso
III XORNADA DE INNOVACIÓN EN XÉNERO. DOCENCIA E INVESTIGACIÓN
Tipo | Actividade de formación | ||||
Código | UI00103 | ||||
Nome | III XORNADA DE INNOVACIÓN EN XÉNERO. DOCENCIA E INVESTIGACIÓN |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Descrición | III XORNADA DE INNOVACIÓN EN XÉNERO. DOCENCIA E INVESTIGACIÓN |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986813419 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
A III Xornada de Innovación en Xénero. Docencia e Investigación terá lugar na Universidade de Vigo o 13 de decembro de 2013 para impulsar o intercambio de experiencias innovadoras en materia de xénero no campo da docencia e a investigación universitarias.
Os posibles temas de interese inclúen a:
- Novos métodos de docencia con perspectiva de xénero
- A investigación en calquera ámbito de coñecemento con perspectiva de xénero.
- Investigacións novidosas en xénero.
- Experiencias na aula.
- Integración da perspectiva de xénero no ensino virtual.
- Incorporación da dimensión de xénero na titorización.
- Inclusión da perspectiva de xénero en materias científicas e tecnolóxicas.
- Linguaxe non sexista aplicada á docencia e á investigación.
- Visibilización das achegas das mulleres.
Entidades organizadoras
A Unidade de Igualdade en colaboración coa Área de Formación e Innovación Docente da Universidade de Vigo.
Páxina web do curso
http://webs.uvigo.es/innovacion.xenero/index.htmlInformación sobre o calendario (datas)
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 0 |
Destinatarios/as
Todo o persoal docente e investigador das universidades españolas.
Obxectivos
OBXECTIVOS
Os obxectivos da Xornada son:
- Servir como punto de encontro e intercambio de experiencias entre persoal docente e investigador das universidades españolas que desenvolve o seu traballo con perspectiva de xénero.
- Potenciar experiencias innovadoras que inclúan a perspectiva de xénero como un eixe de traballo.
- Difundir as investigacións en xénero e con perspectiva de xénero.
- Impulsar a aplicación da transversalidade de xénero como un criterio de excelencia universitaria.
- Contribuír á transferencia do coñecemento no eido da igualdade.
- Reflexionar sobre as posibilidades que a innovación en xénero ofrece á docencia e á investigación universitarias.
Criterios de selección
Os traballos que se presenten terán unha extensión máxima de 18 páxinas (tamaño 17x24) e deben adecuarse ao formato facilitado pola Unidade de Igualdade.
Todos os relatorios serán revisados por un mínimo de dúas revisoras ou revisores do Comité de Programa.
Na redacción de traballos deberá empregarse unha linguaxe non sexista. As linguas da xornada son o galego e o castelán.
O libro de actas será publicado co seu correspondente ISBN.
Calendario
A III Xornada de Innovación en Xénero. Docencia e Investigación terá lugar o 13 de decembro de 2013, durante todo o día.
Datas importantes:
Data límite envío de datos da comunicación e traballo completos: 30 de setembro de 2013
Notificación de aceptación/rexeitamento: 04 de novembro de 2013
Envío de traballos revisados: 20 de novembro de 2013
Realización da xornada: 13 de decembro de 2013
Programa
Publicarase unha vez remate o prazo de presentación de traballos e se comunique a súa aceptación ás persoas responsables da autoría.
Modo de pagamento
A inscrición na Xornada é gratuíta.
A eficiencia no gasto público é responsabilidade de todas as persoas. Por iso, pedímoslle que antes de inscribirse na Xornada valore se realmente pode asistir e se, unha vez feita a inscrición lle resultase imposible, comunique á organización a súa ausencia. Isto evitará desbotar recursos contando co número de asistentes máis aproximado á realidade.
Impartido en
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do Campus de Vigo.
Observacións
Tanto a asistencia como a presentación de traballos recibirán recoñecemento mediante a correspondente acreditación pola Universidade de Vigo.
Só recibirán a acreditación as persoas que presenten as comunicacións. O mérito do resto de autorías será recoñecido mediante a publicación do libro de actas.
Pasaranse dúas follas de sinaturas en cada unha das sesións ( mañá e tarde). Para ter dereito ao certificado será necesario asinar en 3 das 4 follas.