Coñecemento do sistema empresarial galego

Información do curso

Coñecemento do sistema empresarial galego


Tipo Curso Complementario
Código CV031313
Nome Coñecemento do sistema empresarial galego
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Información de contacto:  
 · Teléfono 988368741
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Co obxectivo de que o alumnado da Universidade de Vigo coñeza os sectores produtivos galegos, as empresas e os seus emprendedores, prográmase un ciclo de visitas a diferentes empresas e encontros cos seus emprendedores. A finalidade última do programa é que, a partir dese coñecemento, se xeren ideas de mellora que nun futuro podan derivar en novos proxectos empresariais (emprendemento) ou ben en proxectos de mellora e innovacións en empresas xa asentadas no mercado (intraemprendemento).

A actividade desenvolverase ao longo de varios mércores dos meses de outubro e novembro de 2013. Durante os 6 primeiros mércores vivirase a experiencia dentro das empresas elixidas previamente.

O 7º mércores traballarase unha posta global en común polos estudantes e os responsables do proxecto, así como profesores, xestores públicos e empresarios invitados á sesión para volcar as experiencias acumuladas nos 6 días anteriores nunha reunión conxunta.


Ao longo do ciclo de visitas a empresas, o alumnado, coa aprendizaxe adquirida, presentará ideas e propostas de mellora que, baixo a súa consideración, podan supor unha achega positiva para algunha das empresas visitadas. Os empresarios e empresarias valorarán as ideas presentadas polo alumnado e na sesión final do curso entregarase o Premio á Mellor Idea de Mellora do curso.

Entidades organizadoras

Vicerreitoría de Transferencia do Coñecemento (Cátedra Bancaja de Xoves Emprendedores)

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 01/08/2013 00:00 - 30/09/2013 00:00
Período de matrícula 16/09/2013 00:00 - 30/09/2013 00:00
Período de docencia 02/10/2013 - 28/11/2013

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 25
Número máximo de participantes 25
Créditos teóricos 3
Créditos prácticos 0
Validación de libre elección 2

Destinatarios/as

Este proxecto formativo diríxese, preferentemente, a estudantes do Mestrado Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa, e, en xeral, a todos os estudantes (preferentemente de mestrado e últimos cursos) e recén egresados de todas as titulacións da Universidade de Vigo.

Condicións de acceso

1.membros da comunidade universitaria, e
2.persoas alleas á mesma que acrediten uns estudos mínimos equivalentes a 2º de bacharelato.

Criterios de selección

Seleccionaranse un máximo de 25 alumnos/as.
Asignaranse as prazas dispoñibles por rigorosa orde de solicitude de inscrición na plataforma BUBELA.

Programa

 

  DATA EMPRESAS A VISITAR
Sesión1  02/10/2013 COREN
Sesión2 09/10/2013 CUPA GROUP
Sesión3 16/10/2013 GALLETAS DAVEIGA / BODEGAS RECTORAL DE AMANDI / INGAPAN / NORVENTO
Sesión4 23/10/2013 CITROËN / GESTAMP
Sesión5 30/10/2013 ZELTIA / CONSERVAS ALBO
Sesión6 06/11/2013 INDITEX / ESTRELLA GALICIA
Sesión7 20/11/2012 Aprendendo do Aprendido 

 

Horario: aprox. de 09:00 a 14:00 horas (incluíndo o tempo de traslado en autobús desde a Universidade ás empresas a visitar).

MOI IMPORTANTE: Tanto o horario como os días das visitas poden verse suxeitos a cambios, por necesidades das empresas colaboradoras.

Modo de pagamento

Matrícula gratuíta.

Impartido en

Campus de Ourense.

Lugar saída do autobús para as empresas: Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo (Campus de Ourense)

Sistema de avaliación

Para que se considere superado o Curso, os participantes deberán:

  1. Asistir como mínimo a 5 das 6 visitas programadas.
  2. Asistir á actividade final "Aprendendo do aprendido".
  3. Propor, cando menos, unha "idea de mellora" para unha das empresas visitadas.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos