Medida e certificación de estacións radioeléctricas
Información do curso
Medida e certificación de estacións radioeléctricas
Tipo | Curso Complementario | ||||
Código | CT140601 | ||||
Nome | Medida e certificación de estacións radioeléctricas |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Descrición | O curso busca expoñe-los efectos dos campos electromagnéticos para a saúde, xunto coas normativas e lexislacións existentes sobre este tema. No curso buscarase que os alumnos aprendan o manexo dos equipos de medida electromagnética, e a plinificar unha campaña de medicións, adquirindo a destreza necesaria para escribir informes e certificacións. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986.812195 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
Nos últimos anos medrou entre a poboación un sentimento de medo ante os supostos danos que as radiacións electromagnéticas provocarían nas persoas que viven no entorno de estacións radioeléctricas de telefonía móbil.
A resposta das Administracións Públicas, coma a Unión Europea ou o propio Estado español, foi unha normativa que limita os niveis de exposición a radiacións electromagnéticas nas áreas de libre permanencia de persoas. A aplicación destas normativas inclúe a medida dos niveis de campo electromagnético e diversos cálculos que garantan o cumprimento das mesmas.
Son obxectivos do curso:
- A aprendizaxe de cales poden se-los efectos dos campos electromagnéticos para a saúde.
- O coñecemento das normativas e lexislacións existentes sobre este tema.
- O adestramento no manexo dos equipos de medida electromagnética.
- A planificación dunha campaña de medida radioeléctrica.
- A adquisición da destreza necesaria para escribir informes e certificacións.
- A práctica dos coñecementos adquiridos.
- O desenvolvemento de habilidades para a comunicación social da situación tal e como a ven os científicos.
O interese do curso xustifícase tanto académica como socialmente polo sentimento de desacougo existente na poboación ante as múltiples novas que preveñen contra dos riscos da telefonía móbil e outros sistemas de comunicación vía radio, e a necesidade de facer fronte á situación con criterios técnicos baseados nas evidencias científicas e amparados pola legalidade vixente.
Entidades organizadoras
Departamento de Teoría do Sinal e ComunicaciónsInformación sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 27/06/2006 13:00 - 02/09/2006 00:00 |
---|---|
Período de matrícula | 01/09/2006 00:00 - 15/09/2006 00:00 |
Período de docencia | 18/09/2006 - 22/09/2006 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 20 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Créditos teóricos | 1.4 |
Créditos prácticos | 0.6 |
Validación de libre elección | 1 |
Destinatarios/as
Enxeñeiros de TelecomunicaciónPersoal de servicios de Saúde Pública e Atención Primaria
Estudiantes de último curso de Enxeñería de Telecomunicación e Enxeñería Técnica de Telecomunicación
Profesionais implicados na reducción de riscos laborais
Condicións de acceso
1.membros da comunidade universitaria, e2.persoas alleas á mesma que acrediten uns estudios mínimos equivalentes a 2º de bacharelato.
Criterios de selección
A selección realizarase por orde de inscripción, con listaxes separadas para os membros da Comunidade Universitaria e os alumnos alleos.Garantirase un mínimo de 10 plazas para membros da Comunidade Universitaria.
Obxectivos
- A aprendizaxe de cales poden se-los efectos dos campos electromagnéticos para a saúde.
- O coñecemento das normativas e lexislacións existentes sobre este tema.
- O adestramento no manexo dos equipos de medida electromagnética.
- A planificación dunha campaña de medida radioeléctrica.
- A adquisición da destreza necesaria para escribir informes e certificacións.
- A práctica dos coñecementos adquiridos.
- O desenvolvemento de habilidades para a comunicación social da situación tal e como a ven os científicos.
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:1.Fundamentos de Electromagnetismo
2.Equipos de medida de radiacións electromagnéticas
3.Efectos sobre a saúde da exposición a ondas radioeléctricas
4.Normativa e lexislación sobre exposición a campos electromagnéticos
5.Planificación dunha campaña de medida radioeléctrica
6.Procedemento de medida entorno a estacións radioeléctricas
7.Redacción dun informe ou certificación
MÓDULOS PRÁCTICOS:
1.Medida en banda ancha (cun medidor de campo)
2.Medida en banda estreita (analizador de espectros)
3.Comunicación social dos riscos das estacións radioeléctricas
Calendario
A preinscripción será entre os días 1 de xullo a 2 de setembro de 2006.O 5 de setembro publicarase a listaxe de admitidos
Modo de pagamento
Matrícula para membros da Comunidade Universitaria: 81.5€.Matrícula para persoas alleas á Comunidade Universitaria: 230€.