MÁSTER EN AXENTES DE EMPREGO E NOVAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN: PLANIFICACIÓN, FINANCIAMENTO E XESTIÓN DE PROXECTOS
Información do curso
MÁSTER EN AXENTES DE EMPREGO E NOVAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN: PLANIFICACIÓN, FINANCIAMENTO E XESTIÓN DE PROXECTOS
Tipo | Máster/especialista | ||||
Código | M1041401 | ||||
Nome | MÁSTER EN AXENTES DE EMPREGO E NOVAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN: PLANIFICACIÓN, FINANCIAMENTO E XESTIÓN DE PROXECTOS |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 550 | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 988368738 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
FACULTADE DE CIENCIAS EMPRESARIAIS E TURISMO
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 02/09/2013 00:00 - 02/12/2013 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 25/11/2013 00:00 - 31/01/2014 23:59 |
Período de docencia | 01/05/2014 - 01/12/2014 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Créditos teóricos | 40 |
Créditos prácticos | 15 |
Validación de libre elección | 27.5 |
Destinatarios/as
-Titulados/as universitarios.
-Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
-Alumnos/as dunha licenciatura ou equivalente cos tres primeiros cursos superados, e
-Profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional.
Obxectivos
O axente de emprego é un instrumento das políticas activas de emprego que, a nivel local, actuará para identificar demandantes potenciais de traballo (ós que asesorará na selección, tipo de contratación, canal de formación, etc.) e principais bolsas de referentes sen emprego ou sub-empregados (ós que orientará na busca de emprego, formación continua, etc.). Cando o axuste entre demanda e oferta non sexa posible deberá ser quen de facer propostas concretas (formativas, asociativas, incentivos, etc.) ás institucións, tanto locais como supra-locais.
Tendo como fin último o de formar especialistas de alto nivel en tódalas materias relacionadas co mercado de traballo sobre un perfil, ó mesmo tempo, asimilable ó dun axente de desenvolvemento local, o Curso tratará de cubri-los obxectivos seguintes:
1.Proporcionar unha formación nos principios, técnicas e bases documentais que permitan coñecer a nivel local a estructura e evolución do mercado de traballo.
2.Combinar axeitadamente os esquemas conceptuais e técnicos da ciencia empresarial para un adecuado asesoramento das PEME`S en relación coas súas demandas de traballo, da súa selección e da viabilidade do proxecto empresarial.
3.Fornecer ó titulado dun dominio interdisciplinar do marco institucional (lexislativo, axencias, políticas, formación) que incide no mercado de traballo polo lado da oferta e da demanda.
4.Posibilita-la cobertura do asesoramento fiscal e de seguridade social por parte do Axente de Emprego para facilita-las decisións de recrutamento dos demandantes.
Condicións de acceso
Para acceder ao título de MÁSTER:
1. Titulados/as universitarios.
Para acceder ao título de ESPECIALISTA:
1. Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2. Alumnos/as dunha licenciatura ou equivalente cos tres primeiros cursos superados, e
3. Profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudos universitarios e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional.
Criterios de selección
A selección de candidatos farase por un Comité de Admisión integrado por representantes do profesorado e das entidades financiadoras, en base a:
a)Currículo
b)Adaptación ós obxectivos do curso
c)Entrevista persoal, de considerarse necesaria.
Calendario
As clases comenzarán a través de internet a partir do día 20 de maio de 2013 e rematarán o 13 de decembro do mesmo ano.
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:
PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA DO DESENVOLVEMENTO, ESTRUCTURA E EVOLUCIÓN DO EMPREGO A NIVEL LOCAL. MARCO INSTITUCIONAL DE INTERVENCIÓN.
1.ANÁLISE ECONÓMICA DO MERCADO DE TRABALLO, INDICADORES TERRITORIAIS E FONTES ESTATíSTICAS A NIVEL LOCAL (1 Crédito).
2.A ESTRATEXIA EUROPEA DO EMPREGO ( 2 Créditos).
3.AS POLíTICAS ACTIVAS DE EMPREGO (2 Créditos)
O CONTORNO DO EMPRENDEDOR E A CREACIÓN DE EMPRESAS: A XENERACIÓN DE EMPREGO
1.O EMPRENDEDOR, FERRAMENTAS PARA A ANÁLISIS DA IDEA EMPRESARIAL (2 Créditos).
2.ELECCIÓN DA FORMA XURIDICA, TRÁMITES E PROCEDEMENTOS PARA A CREACIÓN DA EMPRESA (2 Créditos).
3.O ESTATUTO DA NOVA EMPRESA( 2 Créditos)
4.DESEÑO DA EMPRESA. MARCADOTECNIA E INVESTIGACIÓN DOS MERCADOS (2 Créditos).
5.LEXISLACIÓN LABORAL NA CREACIÓN DE EMPRESAS. (2 Créditos).
8.OPCIÓNS FISCAIS NA CREACIÓN DE EMPRESAS. (2 Créditos)
MARCOS DE FINANCIAMENTO EUROPEO, ESTATAL E AUTONÍMICO PARA O DESENVOLVEMENTO LOCAL, A CREACIÓN DE EMPRESAS E A XENERACIÓN DE EMPREGO.
1.A PROGRAMACIÓN E DISTRIBUCIÓN DOS RECURSOS FINANCEIROS DA UNIÓN EUROPEA (2 Créditos).
2.POLÍTICA ESTRUCTURAL UE: INSTRUMENTOS FINANCIEIROS E INTERVENCIÓNS. PERIODO 2007/2013. (2 créditos).
3.O FONDO SOCIAL EUROPEO. PROGRAMA OPERATIVO, COFINANCIAMENTO E XESTIÓN DE PROXECTOS. PERSPECTIVAS (2 Créditos).
4. PAC E DESENVOLVEMENTO RURAL, FEOGA-GARANTIA, FEOGA-ORIENTACIÓN E FEADER. NOVO FONDO PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL. (2 Créditos).
5.O PROGRAMA LEADER 2007-2013.(2 Créditos).
6.PROGRAMAS DE COOPERACIÓN TRANSNACIONAL. (2 Créditos).
7.FORMACIÓN: MARCO REGULAR E POSIBILIDADES DE FINANCIAMENTO. (2 Créditos).
8.XESTIÓN DE PROGRAMAS DE FORMACIÓN/EMPREGO: ESCOLAS TALLER E TALLERES DE EMPREGO (2 Créditos).
9.AXUDAS A CREACIÓN DE EMPREGO AUTÓNOMO, SOCIEDADES LABORAIS, COOPERATIVAS E OUTRAS SOCIEDADES.(2 Créditos).
10.INICIATIVAS LOCAIS DE EMPREGO E INICIATIVAS DE BASE TECNOLÓXICA. (2 Créditos).
11.A APLICACIÓN DA LEI DE DEPENDENCIA. A LEI 30/2006. (2 Créditos).
10.INTRODUCCIÓN Ó COMERCIO EXTERIOR. (1 Crédito).
MÓDULOS PRÁCTICOS:
PRACTICAS
Os alumnos terán que realizar e supera-los test que periodicamente se poñerán a disposición de tales alumnos.
PROXECTOS FINAIS
Deseño e elaboración dun traballo práctico sobre algún dos contidos do programa docente.
Modo de pagamento
O importe da matrícula é de 900 €, con posibilidade de obtención dunha bolsa de 225€. O pagamento farase efectivo en calquera oficina de NGB, indicando o nome ou o código do curso.
Sistema de avaliación
Os alumnos terán que realizar e supera-los test que periodicamente se poñerán a disposición de tales alumnos e igualmente terán que superar satisfactoriamente a proba práctica que consistirá no deseño e elaboración dun traballo práctico sobre algún dos contidos do programa docente.
Para esto se lles dará acceso a través de internet para baixar o temario relativo ás materias incluidas no plano de estudos e facer as consultas necesarias sobre as dudas que se presenten.