CURSO DE FORMACIÓN NO IVE NA FISCALIDADE EMPRESARIAL
Información do curso
CURSO DE FORMACIÓN NO IVE NA FISCALIDADE EMPRESARIAL
Entidades organizadoras
DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA APLICADA
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 22/04/2013 00:00 - 13/05/2013 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 14/05/2013 - 23/05/2013 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 30 |
---|---|
Número máximo de participantes | 70 |
Créditos teóricos | 1.6 |
Créditos prácticos | 1.4 |
Validación de libre elección | 2 |
Destinatarios/as
- Alumnos/as da Universidade de Vigo de Administración e Dirección de Empresas, Economía, Comercio, Dereito, Relacións Laborais e Relacións Laborais e Recursos Humanos.
- Titulados Universitarios de Diplomatura, Licenciatura ou Grao en Administración e Dirección de Empresas, Economía, Dereito, Relacións Laborais e Relacións Laborais e Recursos Humanos
- Profesionais relacionados coa empresa
Condicións de acceso
1.Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2.Alumnos/as da universidade,
3.profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios, e
4.de xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos ós mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.
Criterios de selección
Priorizada en base ós seguintes criterios:
1º. Alumnos/as actuais ou xa egresados de Titulacións de Economía, Empresa ou Ciencias Xurídicas da Universidade de Vigo. Na orde de selección priorizaránse aqueles/as alumnos/as con coñecementos previos de fiscalidade, comezando por aqueles matriculados nos últimos cursos da titulación.
2º. Orde de preinscripción
Calendario
- Martes 14 de maio de 16 a 21h
- Mércores 15 de maio de 16 a 21h
- Xoves 16 de maio de 16 a 21h
- Martes 21 de maio de 16 a 21h
- Mércores 22 de maio de 16 a 21h
- Xoves 23 de maio de 16 a 21h
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:
Introducción ó Imposto sobre o Valor Engadido: Natureza e ámbito de aplicación
Introducción ás caracterísiticas básicas e consideracións xerais do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). Armonización fiscal na Unión Europea.
Operacións Interiores: Feito Impoñible, Exencións, Lugar de Realización, Suxeito Pasivo, Devengo
Análise dos elementos sustantivos relativos á suxeción do Imposto. Desenrolo dunha das principais parcelas das operacións sometidas: as entregas de bens e as prestacións de servizos por empresas ou profesionais.
Análise en cada caso do feito impoñible, posibles operacións non suxeitas e lugar onde se entenden realizadas.
Tráfico Internacional: Operacións Intracomunitarias. Importacións. Exportacións.
Desenrolo do tratamento no IVE doutra das principais parcelas de operacións sometidas: as operacións fora do territorio español. As adquisicións intracomunitarias, as importacións e as exportacións.
Análise en cada caso do Feito Impoñible, as posibles operacións non suxeitas e o lugar onde se entenden realizadas.
Base Impoñible e Tipos Impositivos
Cuantificación do Feito Impoñible. Aclaracións sobre compoñentes a incluir. Regras especiais para valoración de determinados bens e servizos (contraprestacións en especie, autoconsumo, etc...).
Análise dos tipos impositivos segundo operacións.
Deduccións e Devolucións
Análise da neutralidade na aplicación do IVE.
Determinación da Prorrata e as súas modalidades.
Requisitos e prazos para as Declaracións-Liquidacións.
Condicións para a Devolución do IVE.
Rexímenes Especiais. Réxime Simplificado e Recargo de Equivalencia
Descripción dos Rexímenes Especiais do IVE. Sectores acollidos a cada réxime.
Simplificación na xestión do Imposto.
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Operacións Interiores: estudo de casos
Aplicación do proceso liquidatorio do IVE nas Operacións Interiores mediante a discusión e resolución de casos prácticos.
Tráfico Internacional: estudo de casos
Aplicación do proceso liquidatorio do IVE nas Operacións Internacionais mediante a discusión e resolución de casos prácticos.
Base Impoñible e Tipos Impositivos: estudo de casos
Aplicación do proceso liquidatorio global e obtención de cuotas mediante a discusión e resolución de casos prácticos.
Rexímenes Especiais. Réxime Simplificado e Recargo de Equivalencia: estudo de casos
Discusión e resolución de casos prácticos de actividades acollidas ós Rexímenes Espciais.
Modo de pagamento
Importe da matrícula: 80 €, con posibilidade de obter unha bolsa de 20€.
O pagamento farase efectivo en calquera oficina de Nova Galicia Banco, indicando o nome ou o código do curso.
Titulación
A superación do curso dará dereito á obtención dun diploma expedido pola Universidade de Vigo.
Importe do diploma:
- De 1 a 5 créditos: 12,02 €
- De 6 a 10 créditos: 30,05 €
- A partir de 11 créditos: O mesmo importe que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, mediante Decreto anual, fixa para os títulos oficiais a nivel de Diplomado ou equivalentes (60,10 € no curso académico 2011/2012).
A tramitación do diploma realízase na Sección de Títulos e Plans de Estudo:
Edificio de Xerencia e Servizos Centrais
Campus de Lagoas-Marcosende
36310 - VIGO (Pontevedra)
Teléfono.: 986 813 632
E-mail: negociadodetitulospropios@uvigo.es
Sistema de avaliación
Asistencia e resolución comentada de casos prácticos que asenten os coñecementos adquiridos.