Autoorganización e Xestión de Proxectos
Información do curso
Autoorganización e Xestión de Proxectos
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | CFP0043 | ||||
Nome | Autoorganización e Xestión de Proxectos |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 12 | ||||
Descrición | Actualmente é normal que nos atopemos ante situacións nas que estamos ao cargo non só de cumprir determinadas tarefas, senón que estas pertencen a diferentes proxectos, de diversos ámbitos e que teñen unha vida distinta. Neste escenario é crucial poder optimizar o noso tempo, poder cumprir con todas as nosas responsabilidades de maneira eficiente, sen descuidar ningún dos nosos ámbitos de actuación. E neste sentido, actualmente dispoñemos de diversas técnicas e ferramentas que nos axudan a cumprir os nosos obxectivos de maneira fluída e que nos permiten optimizar o noso potencial. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 80 20 80 | ||||
· Fax | 986 80 20 82 | ||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 18/03/2013 09:08 - 22/03/2013 14:08 |
---|
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.
Condicións de acceso
Inscrición na plataforma Bubela no período comprendido entre o 18 e o 22 de marzo de 2013.
Criterios de selección
Rigorosa orde de prelación. Terán preferencia as persoas que non estiveran matriculadas en edicións anteriores deste curso así como noutros ofertados para a Aula Tecnolóxica da Casa das Campás. Aquelas persoas que se matriculen e non asistan ao curso, sen xustificación previa, non poderán volver matricularse nos cursos da Aula Tecnolóxica. O documento xustificativo deberá achegarse á Vicerreitoría do Campus de Pontevedra con dous días de antelación ao comezo de curso
Obxectivos
O obxectivo do curso é que o alumnado coñeza os beneficios dunha xestión optimizada, así como as principais metodoloxías e aplicacións que lle permitan levar un control de todas as fases dos proxectos nos que está involucrado para que poida centrar a súa atención en levalas a cabo de maneira eficaz, minimizando o esforzao dedicaco á autoorganización.
Profesorado
Rocío Gómez Juncal e Alberto García Ariza.
Programa
Cómo domesticar o tempo.
Algúns mitos sobre a xestión do tempo.
Orde nas tarefas: cada cousa ao seu tempo.
Ferramentas para potenciar o seu tempo: aprender a dicir non.
Introdución aos xestores de tarefas online.
Aplicacións basadas na filosofía GTD (Get things done).
Calendario
Días 1,3,5,8,10 e 12 de abril de 2013, en horario de 19.00 a 21.00 horas.
Modo de pagamento
Matrícula gratuíta.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.
Rúa D. Filiberto, 9-11
36002 Pontevedra.
Sistema de avaliación
Exposición de contidos teóricos apoiados con exercicios que o alumnado realizará na aula.