INTRODUCIÓN Á VISUALIZACIÓN DE DATOS E AO OPEN DATA

Información do curso

INTRODUCIÓN Á VISUALIZACIÓN DE DATOS E AO OPEN DATA


Tipo Curso de Formación
Código CFP0044
Nome INTRODUCIÓN Á VISUALIZACIÓN DE DATOS E AO OPEN DATA
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 12
Descrición

Actualmente estamos expostos a moitos máis datos que en calquera outro momento da historia, moitos máis dos que somos capaces de asimilar ou reter. Unha edición dominical de calquera periódico contén máis información da que unha persoa do Renacemento podía acceder ao longo de toda a súa vida. Con toda esta saturación de información, o establecer modelos de aprehensión de información é unha necesidade de primeiro orden, un incipiente campo de traballo nas fronteiras da computación, a estatística e o deseño gráfico.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 80 20 80
 · Fax 986 80 20 82
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

Información sobre o calendario (datas)

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.

Obxectivos

Iniciar ao alumnado no mundo da visualización da información.

Darlle a coñecer o potencial comunicativo que ten a representación da información.

Introducilo nas principais técnicas de extracción e análises de datos, así como darlle unha guía para a representación gráfica destes datos.

Condicións de acceso

Inscrición na plataforma Bubela no prazo comprendido entre o 25 de febreiro e o 1 de marzo de 2013.

Criterios de selección

Rigorosa orde de prelación. Terán preferencia as persoas que non estiveran matriculadas en edicións anteriores deste curso así como noutros ofertados para a Aula Tecnolóxica da Casa das Campás. Aquelas persoas que se matriculen e non asistan ao curso, sen xustificación previa, non poderán volver matricularse nos cursos da Aula Tecnolóxica. O documento xustificativo deberá achegarse á Vicerreitoría do Campus de Pontevedra con dous días de antelación ao comezo de curso

Calendario

Días 4,6,8,11,13 e 15 de marzo de 2013, en horario de 19.00 a 21.00 horas.

Programa

Fontes de datos. Qué é o OpenData.

Scrapping ou Extracción de datos html e pdf.

Limpeza de datos con Google refine.

Análises de datos: google fusión tablets.

Visualización de datos e infografías.

Elección dos gráficos adecuados e claves para unha mellor representación.

Modo de pagamento

Matrícula gratuíta.

Impartido en

Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.

Profesorado

Juan Elosua Tomé e Diego Fernández Pérez.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos