TALLER DE CONCEPT ART E PINTURA DIXITAL

Información do curso

TALLER DE CONCEPT ART E PINTURA DIXITAL


Tipo Curso de Formación
Código CFP0042
Nome TALLER DE CONCEPT ART E PINTURA DIXITAL
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 12
Descrición

Partindo dun coñecemento básico da teoría da cor e do manexo de Photoshop, o obxectivo do curso é amosar ao alumnado as posiblidades da pintura dixital utilizando Photoshop, e aplicándoas ao ámbito da ilustración e do Concept Art para producións audiovisuais.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986802080
 · Fax 986802082
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 04/02/2013 09:00 - 08/02/2013 10:01

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral. Aínda sendo un curso cuxos contidos están máis próximos á linguaxe da pintura cá da ferramenta dixital, é necesario que o alumnado conte cunha familiaridade co software de retoque Adobe Photoshop.

Obxectivos

Dotar ao alumnado de opcións básicas para o uso de Photoshop no coloreado dixital.

Informar ao alumnado acerca das alternativas ao Photoshop para coloreado dixital e ferramentas complementarias.

Capacitar ao alumnado para que coas ditas nocións básicas poida profundar na investigación e desenvolvemento das súas capacidades.

Condicións de acceso

Inscrición na plataforma BUBELA no período comprendido entre o 4 e o 8 de febreiro de 2013.

Criterios de selección

Rigorosa orde de prelación. Terán preferencia as persoas que non estiveran matriculadas en edicións anteriores deste curso así como noutros ofertados para a Aula Tecnolóxica da Casa das Campás. Aquelas persoas que se matriculen e non asistan ao curso, sen xustificación previa, non poderán volver matricularse nos cursos da Aula Tecnolóxica. O documento xustificativo deberá achegarse á Vicerreitoría do Campus de Pontevedra con dous días de antelación ao comezo de curso

Calendario

Días 14, 18, 21 e 25 de febreiro, en horario de 16.00 a 19.00 horas.

Programa

Valoración tonal. A importancia dos valores tonais na pintura e no traballo da cor en xeral.

Estudo da cor dun personaxe.

A temperatura da cor. Aplicacións prácticas en Photoshop.

Color Key, estudo de iluminación.

Modo de pagamento

Matrícula gratuíta

Impartido en

Aula tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.

Rúa D. Filiberto, 9-11 Pontevedra, 36002

Profesorado

Sergio Casas

Sistema de avaliación

Explicacións teóricas con demostracións prácticas do proceso seguido polo profesor. O alumnado realizará exercicios que serán comentados polo docente.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos