CSS. MAQUETACIÓN E DESEÑO WEB.
Información do curso
CSS. MAQUETACIÓN E DESEÑO WEB.
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | CFP0041 | ||||
Nome | CSS. MAQUETACIÓN E DESEÑO WEB. |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 12 | ||||
Descrición | A creación web está cambiando os seus modos de creación cara unha maior estandarización que intenta separar o deseño dos contidos, que se organizan en función do seu compoñente semántico. Deste modo, as follas de estilo CSS supoñen unha tecnoloxía que nos permite controlar a apariencia física e a maquetación de calquera proxecto web, xa sexa usando un motor de contidos prefabricados (WordPress, Joomla, Drupal, etc), como un propio. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 80 20 80 | ||||
· Fax | 986 80 20 82 | ||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 26/11/2012 11:54 - 30/11/2012 11:54 |
---|
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 0 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.
Obxectivos
O obxectivo final deste curso é que o alumnado coñeza as bases da maquetación e o deseño web coa teconoloxía CSS e que aprenda a desenvolver de maneira eficiente produtos online.
Condicións de acceso
Inscrición na plataforma Bubela no prazo comprendido entre o 26 e o 30 de novembro.
Criterios de selección
Rigorosa orde de prelación. Terán preferencia as persoas que non estiveran matriculadas en edicións anteriores deste curso así como noutros ofertados para a Aula Tecnolóxica da Casa das Campás. Aquelas persoas que se matriculen e non asistan ao curso, sen xustificación previa, non poderán volver matricularse nos cursos da Aula Tecnolóxica. O documento xustificativo deberá achegarse á Vicerreitoría do Campus de Pontevedra con dous días de antelación ao comezo de curso
Calendario
10,12,13,17, 19 e 20 de decembro, en horario de 19:00 a 21:00 horas.
Programa
Bloque 1.- Conceptos básicos no deseño web. Introdución. Introdución aos estándares e creatividade con CSS. Validación W3C. Introdución ao XHTML. Creación dunha estrutura XHTML. Semántica.
Bloque 2.- Introdución ás CSS. Tipos de CSS. Formas de aplicación de estilos, en liña, internos, vinculados e importados. Vinculación de estilo en base ao dispositivo de saída. Selectores. Tipos de selectores. Herdanza. Orde de lectura. Sobrescritura das regras.
Bloque 3.- Propiedades de elementos. Display. Control do tamaño. Propiedades. Posición. Tipografía. Propiedades. Reemprazar texto por imaxe.
Bloque 4.- Cor e gráficos de fondo. Introdución ao uso da cor. Cores na web. Gráficos de fondo. Aplicación de cor. Elementos Float. A propiedade Float. A propiedade Clear.
Bloque 5.- Composición da páxina. Cabeceira, contido e pé.
Bloque 6.- Creación dunha páxina completa.
Modo de pagamento
Matrícula gratuíta.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.
Profesorado
Alberto Valverde García.