Introdución á programación creativa. Processing
Información do curso
Introdución á programación creativa. Processing
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | CFP0040 | ||||
Nome | Introdución á programación creativa. Processing |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 12 | ||||
Descrición | O obxectivo do curso é achegar ao alumnado os conceptos básicos da programación informática a través dunha linguaxe fácil, que permita ser utilizada tanto para a creación multimedia como para o deseño gráfico, a escena artística, a representación de datos ou a creación de sinxelas simulacións de conceptos matemáticos, físicos ou xeométricos. En definitiva, trátase dunha linguaxe de programación moi sinxela, rápida e versátil que permite unha aprendizaxe doada. A plataforma Processing é software libre é está moi estendida por todo o mundo. Ademáis permite unha fácil migración a outras linguaxes como Flas ou Java, e é especialmente útil tanto para a programación final como para o abocetado de prototipos. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 80 20 80 | ||||
· Fax | 986 80 20 82 | ||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 08/11/2012 11:31 - 15/11/2012 11:31 |
---|
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 0 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.
Condicións de acceso
Inscrición a través de plataforma Bubela no período comprendido entre o 8 e o 15 de novembro.
Criterios de selección
Rigorosa orde de prelación. Terán preferencia as persoas que non estiveran matriculadas en edicións anteriores deste curso así como noutros ofertados para a Aula Tecnolóxica da Casa das Campás. Aquelas persoas que se matriculen e non asistan ao curso, sen xustificación previa, non poderán volver matricularse nos cursos da Aula Tecnolóxica. O documento xustificativo deberá achegarse á Vicerreitoría do Campus de Pontevedra con dous días de antelación ao comezo de curso.
Obxectivos
Achegar ao alumnado on conceptos básicos da programación informática.
Coñecer os requisitos e posibilidades dos proxectos interactivos.
Capacitar ao alumnado para que coas nocións básicas poida profundizar na investigación e desenvolvemento das súas capacidades.
Profesorado
Alberto García Ariza, licenciado en Belas Artes na especialidade de Deseño Audiovisual.
Programa
Introdución a Processing. Interface. Estrutura do código. Variables. Operadores. Condicións. Bucles. Funcións.
Calendario
16,23,26,30 de novembro; 7 e 14 de decembro, en horario de 19:00 a 21:00 horas.
Modo de pagamento
Matrícula gratuíta.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.