DESEÑO DE PÁXINAS WEB CON RECURSOS GRATUÍTOS
Información do curso
DESEÑO DE PÁXINAS WEB CON RECURSOS GRATUÍTOS
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | CFP0039 | ||||
Nome | DESEÑO DE PÁXINAS WEB CON RECURSOS GRATUÍTOS |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 12 | ||||
Descrición | De todos é coñecido o gran poder de divulgación que teñen as páxinas web pola súa facilidade para integrar contidos de moi diversa índole. Ter presenza en Internet resulta imprescindible se, a nivel persoal ou profesional, queremos darnos a coñecer ao mundo. Grazas á crecente difusión de software gratuíto, isto resulta cada vez máis sinxelo. Cos editores web de código aberto todo o mundo pode crear sitios web de forma rápida, amena e con moi poucos coñecementos. Aproveitando estes e outros recursos gratuítos presentes en Internet, aprenderemos neste curso a crear en pouco tempo o noso propio sitio web, tendo en conta os últimos estándares de produción como é o HTML5 e o CSS3. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 80 20 80 | ||||
· Fax | 986 80 20 82 | ||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 05/11/2012 11:08 - 09/11/2012 11:08 |
---|
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 0 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.
Condicións de acceso
Inscrición na plataforma Bubela no prazo comprendido entre o 5 e o 9 de novembro.
Criterios de selección
Rigorosa orde de prelación. Terán preferencia as persoas que non estiveran matriculadas en edicións anteriores deste curso así como noutros ofertados para a Aula Tecnolóxica da Casa das Campás. Aquelas persoas que se matriculen e non asistan ao curso, sen xustificación previa, non poderán volver matricularse nos cursos da Aula Tecnolóxica. O documento xustificativo deberá achegarse á Vicerreitoría do Campus de Pontevedra con dous días de antelación ao comezo de curso.
Obxectivos
Coñecer o proceso básico de creación dunha páxina web.
Localizar e obter información, aplicacións, recursos ou elementos multimedia das páxinas de descarga gratuíta de internet.
Coñecer os elementos que conforman o noso código e canle de comunicación: imaxe dixital, cor, composición, linguaxe HTML.
Coñecer o manexo básico das ferramentas de creación e publicación web.
Profesorado
Lidia Nokonoko Malvido. Licenciada en Belas Artes pola especialidade de Deseño Audiovisual.
Programa
1.- Introdución.
Qué son as páxinas web. Tecnoloxías para a creación de páxinas web. Páxinas estáticas e dinámicas. Estrutura dunha páxina web.
2.- As imaxes en internet.
A imaxe dixital e a cor en internet. Obtención e optimización de imaxes co programa GIMP.
3.- Maquetación con linguaxe HTML 5 E CSS3
Introdución a HTML5: etiquetas básicas. Maquetación dunha páxina web con HTML5. Propiedades da páxina. Inclusión de elementos básicos: títulos, parágrafos, listas, ligazóns, imaxes, táboas, contenedores...
Creación da navegación. Follas de estilo CSS3 para dar formato ao documento.
Calendario
12,13,15,19,20 e 22 de novembro, en horario de 19:00 a 21:00 horas.
Modo de pagamento
Matrícula gratuíta.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.