JCLIC: CREACIÓN DE ACTIVIDADES EDUCATIVAS
Información do curso
JCLIC: CREACIÓN DE ACTIVIDADES EDUCATIVAS
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | CFP0038 | ||||
Nome | JCLIC: CREACIÓN DE ACTIVIDADES EDUCATIVAS |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 12 | ||||
Descrición | JCLIC é unha aplicación de software libre que funciona en diversos contornos operativos (Mac, Linux, Windows e Solaris) e achega un contorno multimedia para a creación, realización e avaliación de recursos educativos. Porén, os profesionais da educación poden crear aplicacións didácticas e interactivas para traballar aspectos procedimentais de practicamente todas as áreas do currículum. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 80 20 80 | ||||
· Fax | 986 80 20 82 | ||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 08/10/2012 11:00 - 15/10/2012 10:00 |
---|
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 0 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.
Obxectivos
Importancia da utilización do software libre.
Toma de contacto co contorno JCLIC.
Familiarización coas diferentes ferramentas e as súas posibilidades.
Integrar recursos multimedia nas actividades que se empregan de cotío na aula.
Coñecer o proceso para a programación de secuencias de actividades organizadas por proxectos.
Publicar na web os materiais creados.
Condicións de acceso
Inscrición na plataforma Bubela no prazo comprendido entre o 8 e o 15 de outubro.
Criterios de selección
Rigorosa orde de prelación. Terán preferencia as persoas que non estiveran matriculadas en edicións anteriores deste curso así como noutros ofertados para a Aula Tecnolóxica da Casa das Campás. Aquelas persoas que se matriculen e non asistan ao curso, sen xustificación previa , non poderán volver matricularse nos cursos da Aula Tecnolóxica. O documento xustificativo terá que ser entregado na Vicerreitoría cunha antelación mínima de dous días.
Calendario
16,19,23,26 e 30 de outubro; 2 de novembro. Horario: de 19:00 a 21:00 horas. Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.
Programa
Introdución. JCLIC e JCLIC Author.
Puzzles. Xerador de formas. Xogo de memoria. Sopa de letras.
Asociacións. Actividades de exploración e identificación. Pantalla de información. Xeración automática de contidos.
Actividades de texto. Resposta escrita. Palabras cruzadas.
Secuencias de actividades. Sistema de informes. Importación de actividades.
Modo de pagamento
Matrícula gratuíta.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.
Profesorado
Almudena Aparicio Andión, licenciada en Belas Artes pola especialidade de Deseño Audiovisual.
Sistema de avaliación
Contidos teóricos. Exposición de contidos teóricos e formulación de preguntas.
Contidos prácticos. Formulación e resolución de supostos prácticos.