COMPETENCIAS HORIZONTAIS (Campus Vigo - Cidade)
Información do curso
COMPETENCIAS HORIZONTAIS (Campus Vigo - Cidade)
Tipo | Curso Complementario | ||||
Código | CV031204 | ||||
Nome | COMPETENCIAS HORIZONTAIS (Campus Vigo - Cidade) |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 988368741 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Cátedra Bancaja Xoves Emprendedores - Vicerreitoría de Transferencia do Coñecemento
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 11/06/2012 00:00 - 13/07/2012 00:00 |
---|---|
Período de matrícula | 18/06/2012 00:00 - 13/07/2012 00:00 |
Período de docencia | 16/07/2012 - 20/07/2012 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 0 |
Créditos teóricos | 2.8 |
Créditos prácticos | 0 |
Validación de libre elección | 1 |
Condicións de acceso
1.membros da comunidade universitaria, e
2.persoas alleas á mesma que acrediten uns estudos mínimos equivalentes a 2º de bacharelato.
Criterios de selección
Por rigorosa orden de matrícula até esgotar o total de prazas existente.
Para realizar a matrícula, é indispensable, que tras a preinscrición a través desta plataforma, se envíe por correo postal ou correo electrónico a seguinte documentación:
1º. Formulario de inscrición preenchido e asinado (pódese obter aquí: http://webs.uvigo.es/catedrabancaja/upload/archivo_20120530165137.pdf).
2º. Copia de DNI.
3º. Xustificante da situación laboral actual (copia tarxeta de estudante ou matrícula se é estudante, copia tarxeta de INEM se é desempregado/a, copia cabeceiro nómina ou último recibo autónomos se é traballador/a en activo)
Estes documentos enviaranse escaneados, por e-mail a: catedrabancaja@uvigo.es.
Ou ben, por correo postal a:
Ana Gueimonde Canto
Directora Cátedra Bancaja Xoves Emprendedores - Universidade de Vigo
Facultade de CCEE e Turismo | Campus As Lagoas | 32004 Ourense
Calendario
SESIÓN DE APERTURA 16 de xullo de 2012 10.30h a 13.30h Paraninfo Escola Enxeñaría Industrial (EEI), Sede Cidade (R/Conde Torrecedeira, nº 86)
SESIÓN 1 - INTELIXENCIA EMOCIONAL 16 de xullo de 2012 14.00h a 19.00h Aula 31 EEI Sede Cidade
SESIÓN 2 - AUTOCOÑECEMENTO 17 de xullo de 2012 9h a 14h Aula A1-I EEI Sede Cidade
SESIÓN 3 - A CIENCIA DA MOTIVACIÓN 18 de xullo de 2012 9h a 14h Aula A1-I EEI Sede Cidade
SESIÓN 4 - LIDERANZA E HAB. SOCIAIS 19 de xullo de 2012 9h a 14h Aula A1-I EEI Sede Cidade
SESIÓN 5 - FELICIDADE NO TRABAJO 20 de xullo de 2012 9h a 14h Aula A1-I EEI Sede Cidade
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:
SESIÓN DE APERTURA
INTELIXENCIA EMOCIONAL. Definición, introdución xeral, ciclo emocional, modelos, ferramentas de medición e desenrolo da intelixencia emocional.
AUTOCOÑECEMENTO. Ferramentas, autoconcepto, autoestima, personalidade, crenzas e ferramentas.
A CIENCIA DA MOTIVACIÓN. Contexto, funcionamiento do cerebro, mentalidades, a irracionalidade, a autonomía, a mestría e o propósito.
LIDERANZA E HABILIDADES SOCIAIS. Estilos de lideranza, ferramentas, comunicación eficaz, traballo en equipo, empatía, asertividade e resolución de conflictos.
FELICIDADE NO TRABALLO. Psicoloxía positiva, optimismo, benestar, saúde e un modelo práctico.
Titulación
A superación do curso dará dereito á obtención dun diploma expedido pola Universidade de Vigo.
Importe do diploma:
- De 1 a 5 créditos: 12,02 €
- De 6 a 10 créditos: 30,05 €
- A partir de 11 créditos: O mesmo importe que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, mediante Decreto anual, fixa para os títulos oficiais a nivel de Diplomado ou equivalentes (60,10 € no curso académico 2011/2012).
A tramitación do diploma realízase na Sección de Títulos e Plans de Estudo:
Edificio de Xerencia e Servizos Centrais
Campus de Lagoas-Marcosende
36310 - VIGO (Pontevedra)
Teléfono.: 986 813 632
E-mail: negociadodetitulospropios@uvigo.es
Profesorado
Ana Sanjuan Núñez (Directora Proxecto "Mentores Barrié" e presidenta Asociación Española de Coaching e Consultoría de Procesos -AECOP-Galicia)
Belén Varela Romero (Socia-directora en RH+)
Sistema de avaliación
Consideraranse APTOS todos os matriculados no curso que asistan con regularidade ao mesmo (>=80%) e realicen satisfactoriamente os traballos que durante o curso se lles encomenden.