MÁSTER EN AXENTES DE EMPREGO E NOVAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN: PLANIFICACIÓN, FINANCIAMENTO E XESTIÓN DE PROXECTOS

Información do curso

MÁSTER EN AXENTES DE EMPREGO E NOVAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN: PLANIFICACIÓN, FINANCIAMENTO E XESTIÓN DE PROXECTOS


Tipo Máster/especialista
Código M1041201
Nome MÁSTER EN AXENTES DE EMPREGO E NOVAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN: PLANIFICACIÓN, FINANCIAMENTO E XESTIÓN DE PROXECTOS
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 550
Información de contacto:  
 · Teléfono 988368700
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

FACULTADE DE CIENCIAS EMPRESARIAIS E TURISMO

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 19/03/2012 00:00 - 30/03/2012 23:59
Período de matrícula 02/04/2012 00:00 - 13/04/2012 23:59
Período de docencia 16/04/2012 - 30/11/2012

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 40
Créditos teóricos 40
Créditos prácticos 15
Validación de libre elección 27.5

Destinatarios/as

-Titulados/as universitarios.
-Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
-Alumnos/as dunha licenciatura ou equivalente cos tres primeiros cursos superados, e
-Profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional.

Para aqueles alumnos que fagan o curso complementario "AS POLÍTICAS ACTIVAS DE EMPREGO" (módulo T01), "ELECCIÓN DA FORMA XURÍDICA, TRÁMITES E PROCEDEMENTOS PARA A CREACIÓN DA EMPRESA" (no módulo T02), "OPCIÓNS FISCAIS NA CREACIÓN DE EMPRESAS" (módulo T02) ou "PAC E DESENVOLVEMENTO RURAL, FEOGA-GARANTIA, FEOGA-ORIENTACIÓN E FEADER. NOVO FONDO PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL" (no módulo T03):
- Membros da comunidade universitaria, e
- Persoas alleas á mesma que acrediten uns estudios mínimos equivalentes a 2º de bacharelato.

Obxectivos

O axente de emprego é un instrumento das políticas activas de emprego que, a nivel local, actuará para identificar demandantes potenciais de traballo (ós que asesorará na selección, tipo de contratación, canal de formación, etc.) e principais bolsas de referentes sen emprego ou sub-empregados (ós que orientará na busca de emprego, formación continua, etc.). Cando o axuste entre demanda e oferta non sexa posible deberá ser quen de facer propostas concretas (formativas, asociativas, incentivos, etc.) ás institucións, tanto locais como supra-locais.
Tendo como fin último o de formar especialistas de alto nivel en tódalas materias relacionadas co mercado de traballo sobre un perfil, ó mesmo tempo, asimilable ó dun axente de desenvolvemento local, o Curso tratará de cubri-los obxectivos seguintes:

1.Proporcionar unha formación nos principios, técnicas e bases documentais que permitan coñecer a nivel local a estructura e evolución do mercado de traballo.

2.Combinar axeitadamente os esquemas conceptuais e técnicos da ciencia empresarial para un adecuado asesoramento das PEME`S en relación coas súas demandas de traballo, da súa selección e da viabilidade do proxecto empresarial.

3.Fornecer ó titulado dun dominio interdisciplinar do marco institucional (lexislativo, axencias, políticas, formación) que incide no mercado de traballo polo lado da oferta e da demanda.

4.Posibilita-la cobertura do asesoramento fiscal e de seguridade social por parte do Axente de Emprego para facilita-las decisións de recrutamento dos demandantes.

Condicións de acceso

Para acceder ao título de MASTER:
1.titulados/as universitarios.

Para acceder ao título de ESPECIALISTA:
1.titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2.alumnos/as dunha licenciatura ou equivalente cos tres primeiros cursos superados, e
3.profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional.

Para aqueles alumnos que fagan o curso complementario "AS POLÍTICAS ACTIVAS DE EMPREGO" (no módulo T01), "ELECCIÓN DA FORMA XURÍDICA, TRÁMITES E PROCEDEMENTOS PARA A CREACIÓN DA EMPRESA" (no módulo T02), "OPCIÓNS FISCAIS NA CREACIÓN DE EMPRESAS" (no módulo T02) ou "PAC E DESENVOLVEMENTO RURAL, FEOGA-GARANTIA, FEOGA-ORIENTACIÓN E FEADER. NOVO FONDO PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL" (no módulo T03):
1.membros da comunidade universitaria, e
2.persoas alleas á mesma que acrediten uns estudios mínimos equivalentes a 2º de bacharelato.

Criterios de selección

A selección de candidatos farase por un Comité de Admisión integrado por representantes do profesorado e das entidades financiadoras, en base a:
a)Currículo
b)Adaptación ós obxectivos do curso
c)Entrevista persoal, de considerarse necesaria.

Para aqueles alumnos que fagan o curso complementario "AS POLITICAS ACTIVAS DE EMPREGO" (módulo T01), "ELECCION DA FORMA XURIDICA, TRAMITES E PROCEDEMENTOS PARA A CREACION DA EMPRESA" (no módulo T02), "OPCIÓNS FISCAIS NA CREACIÓN DE EMPRESAS" (módulo T02) ou "PAC E DESENVOLVEMENTO RURAL, FEOGA-GARANTIA, FEOGA-ORIENTACIÓN E FEADER. NOVO FONDO PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL" (módulo T03):
a)Adaptación ós obxectivos do curso
b)Orden de preinscripción

Calendario

As clases comenzarán a través de internet a partir do día 16 de abril de 2012 e rematarán o 30 de novembro do mesmo ano.

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA DO DESENVOLVEMENTO, ESTRUCTURA E EVOLUCIÓN DO EMPREGO A NIVEL LOCAL. MARCO INSTITUCIONAL DE INTERVENCIÓN.
1.ANÁLISE ECONÓMICA DO MERCADO DE TRABALLO, INDICADORES TERRITORIAIS E FONTES ESTATíSTICAS A NIVEL LOCAL (1 Crédito).
2.A ESTRATEXIA EUROPEA DO EMPREGO ( 2 Crédito).
3.AS POLíTICAS ACTIVAS DE EMPREGO (2 Crédito)

O CONTORNO DO EMPRENDEDOR E A CREACIÓN DE EMPRESAS: A XENERACIÓN DE EMPREGO
1.O EMPRENDEDOR, FERRAMENTAS PARA A ANÁLISIS DA IDEA EMPRESARIAL (2 Créditos).
2.ELECCIÓN DA FORMA XURIDICA, TRAMITES E PROCEDEMENTOS PARA A CREACIÓN DA EMPRESA (2 Créditos).
3.O ESTATUTO DA NOVA EMPRESA( 2 Créditos)
4.DESEÑO DA EMPRESA. MARCADOTECNIA E INVESTIGACIÓN DOS MERCADOS (2 Créditos).
5.LEXISLACIÓN LABORAL NA CREACIÓN DE EMPRESAS. (2 Créditos).
8.OPCIÓNS FISCAIS NA CREACIÓN DE EMPRESAS. (2 Créditos)
MARCOS DE FINANCIAMENTO EUROPEO, ESTATAL E AUTONÍMICO PARA O DESENVOLVEMENTO LOCAL, A CREACIÓN DE EMPRESAS E A XENERACIÓN DE EMPREGO.
1.A PROGRAMACIÓN E DISTRIBUCIÓN DOS RECURSOS FINANCEIROS DA UNIÓN EUROPEA (2 Créditos).
2.POLÍTICA ESTRUCTURAL UE: INSTRUMENTOS FINANCIEIROS E INTERVENCIÓNS. PERIODO 2007/2013. (2 créditos).
3.O FONDO SOCIAL EUROPEO. PROGRAMA OPERATIVO, COFINANCIAMENTO E XESTIÓN DE PROXECTOS. PERSPECTIVAS (2 Créditos).
4. PAC E DESENVOLVEMENTO RURAL, FEOGA-GARANTIA, FEOGA-ORIENTACIÓN E FEADER. NOVO FONDO PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL. (2 Créditos).
5.O PROGRAMA LEADER 2007-2013.(2 Créditos).
6.PROGRAMAS DE COOPERACIÓN TRANSNACIONAL. (2 Créditos).
7.FORMACIÓN: MARCO REGULAR E POSIBILIDADES DE FINANCIACIÓN. (2 Créditos).
8.XESTIÓN DE PROGRAMAS DE FORMACIÓN/EMPREGO: ESCOLAS TALLER E TALLERES DE EMPREGO (2 Créditos).
9.AXUDAS A CREACIÓN DE EMPREGO AUTÓNOMO, SOCIEDADES LABORAIS, COOPERATIVAS E OUTRAS SOCIEDADES.(2 Créditos).
10.INICIATIVAS LOCAIS DE EMPREGO E INICIATIVAS DE BASE TECNOLÓXICA. (2 Créditos).
11.A APLICACIÓN DA LEI DE DEPENDENCIA. A LEI 30/2006. (2 Créditos).
10.INTRODUCCIÓN Ó COMERCIO EXTERIOR. (1 Crédito).
MÓDULOS PRÁCTICOS:
PRACTICAS
Os alumnos terán que realizar e supera-los test que periodicamente se poñerán a disposición de tales alumnos.
PROXECTOS FINAIS
Deseño e elaboración dun traballo práctico sobre algún dos contidos do programa docente.

Modo de pagamento

Importe da matrícula:

  • Máster/Especialista: 900€, con posibilidade de obtención dunha bolsa de 300€.
  • Cursos complementarios: 95€

O aboamento farase efectivo en calquera oficina de Nova Galicia Banco, indicando o nome ou código do curso.

Sistema de avaliación

Os alumnos terán que realizar e supera-los test que periodicamente se poñerán a disposición de tales alumnos e igualmente terán que superar satisfactoriamente a proba práctica que consistirá no deseño e elaboración dun traballo práctico sobre algún dos contidos do programa docente.
Para esto se lles dará acceso a través de internet para baixar o temario relativo ás materias incluidas no plano de estudos e facer as consultas necesarias sobre as dudas que se presenten.

Para aqueles alumnos que fagan o curso complementario "AS POLÍTICAS ACTIVAS DE EMPREGO" (módulo T01), "ELECCION DA FORMA XURÍDICA, TRÁMITES E PROCEDEMENTOS PARA A CREACIÓN DA EMPRESA" (no módulo T02), "OPCIÓNS FISCAIS NA CREACIÓN DE EMPRESAS" (módulo T02) ou "PAC E DESENVOLVEMENTO RURAL, FEOGA-GARANTIA, FEOGA-ORIENTACIÓN E FEADER. NOVO FONDO PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL" (módulo T03):
1.- Asistencia
2.- Efectuarase unha avaliación continua por parte do profesor do curso.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos