Creación de porfolio profesional
Información do curso
Creación de porfolio profesional
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | CFP0037 | ||||
Nome | Creación de porfolio profesional |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 16 | ||||
Descrición | O desenvolvemento do porfolio como ferramenta de busca activa de emprego converteuse na carta de presentación por excelencia no eido creativo. Este curso formula unha combinación de teoría e praxe. Tratarae o manexo básico do software de retoque de imaxe e maquetación (photoshop, ilustrator, indesign e acrobat profesional) e afianzaranse os contidos teóricos referidos a regras e fundamentos do deseño gráfico. Estes contidos combinaranse coa organización de materiais para a elaboración e presentación do curriculo vitae así como as pautas para enfrontarse correctamente a unha entrevista laboral. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 80 20 80 | ||||
· Fax | 986 80 20 82 | ||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 28/05/2012 08:00 - 01/06/2012 14:00 |
---|
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.
Obxectivos
O obxectivo final deste curso procura que o alumnado saiba comunicar o seu traballo ou proposta creativa para enfrontarse axeitadamente á procura activa de emprego e á presentación do seu traballo/proxecto, a través do uso e explotación das ferramentas conceptuais e prácticas que lle serán requiridas para isto.
Condicións de acceso
Inscrición en Bubela no período comprendido entre o 28 de maio e o 1 de xuño.
Criterios de selección
Rigorosa orde de prelación. Unha vez feita a inscrición no prazo establecido, a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra confirmará a matrícula das 20 primeiras persoas inscritas. De producirse unha baixa ou renuncia ao curso, chamarase ao/á solicitante que figure na lista de agarda seguindo a orde de prelación. As persoas matriculadas que non asistan ao curso, de non comunicar a súa baixa ou renuncia, serán penalizadas e non poderán volver matricularse nos cursos ofertados para a Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.
Calendario
Días 4,6,8,11,13,15,18 e 20 de xuño de 2012, en horario de 19:00 a 21:00 horas.
Programa
Bloque 1.- Conceptos e utilidades básicas do retoque de imaxe. Contorno photoshop.
Bloque 2.- Composición gráfica e sistemas reticulares. Imaxe de marca. Contorno ilustrador.
Bloque 3.- O currículo. Sácalle o maior partido. Consideracións antes de deseñar o teu currículo. Tipos de CV, ¿cal che convén? Como redactar o teu currículo. Cartas de recomendación e referencias. Cartas de presentación.
Bloques 4 e 5.- Elementos e procedementos básicos de maquetación. Obradoiro (software indesign).
Bloque 6.- A entrevista laboral. Prepárate para a entrevista. Que facer e que evitar durante a entrevista. Resolve posibles preguntas difíciles. E despois da entrevista, ¿que?
Bloque 7.- Arquivos en PDF. Editar con Adobe Acrobat. Roll Play, entrevista de traballo.
Modo de pagamento
Matrícula gratuíta.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.
Rúa D. Filiberto, 9-11
36002 Pontevedra
Profesorado
Cristina Varela Casal e Rocío Gómez Juncal.
Sistema de avaliación
As clases desenvolveranse como obradoiro, aínda que haberá introducións teóricas onde se apuntarán cada un dos temas que centran os contidos do curso. Ao finalizar cada clase establecerase unha serie de materiais de traballo que cada estudante deberá recompilar pra traballar na sesión seguinte. Será imprescindible acudir ás clases cos materiais previamente indicados e seleccionados, xa que se utilizarán para o desenvolvemento dos exercicios que serán valorados ao remate do curso.