Taller de photoshop aplicado á ilustración, comic e concept art
Información do curso
Taller de photoshop aplicado á ilustración, comic e concept art
| Tipo | Curso de Formación | ||||
| Código | CFP0036 | ||||
| Nome | Taller de photoshop aplicado á ilustración, comic e concept art |
|
|||
| Modalidade | Presencial | ||||
| Horas | 12 | ||||
| Descrición | Partindo cun coñecemento básico de debuxo e cor, introdución á ilustración dixital en Photoshop con tableta gráfica orientado a posibles saídas no campo da ilustración editorial, o comic e o concept art. |
||||
| Información de contacto: | |||||
| · Teléfono | 986 80 20 80 | ||||
| · Fax | 986 80 20 82 | ||||
| · Enderezo electrónico | |||||
| Compartir: |
|
||||
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Información sobre o calendario (datas)
| Período de preinscrición | 03/04/2012 08:00 - 09/04/2012 13:45 |
|---|
Prazas e créditos
| Número mínimo de participantes | 15 |
|---|---|
| Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.
Condicións de acceso
Inscrición en Bubela no período comprendido entre o 3 e o 10 de abril de 2012.
Criterios de selección
Rigorosa orde de prelación. Unha vez feita a inscrición no prazo establecido, a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra confirmará a matrícula das 20 primeiras persoas inscritas. De producirse unha baixa ou renuncia ao curso, chamarase ao/á solicitante que figure na lista de agarda seguindo a orde de prelación. As persoas matriculadas que non asistan ao curso, de non comunicar a súa baixa ou renuncia, serán penalizadas e non poderán volver matricularse nos cursos ofertados para a Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.
Profesorado
Miguel Robledo.
Programa
Nocións básicas sobre espazo e fluxo de traballo, resaltando a xestión de ferramentas de pintura, capas, trazados, canles, accións e xestión da cor. Nocións básicas das tres disciplinas co obxectivo de ampliar os coñecementos en base aos puntos en común que comparten. Así, trataranse temas como a creación e caracterización de personaxes, tipos de plano e iluminación, composición e narrativa.
Calendario
Días 11, 12, 18 e 19 de abril de 2012, en horario de 16:00 a 19:00 horas.
Modo de pagamento
Matrícula gratuíta.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.
Rúa D. Filiberto, 9-11
36002 Pontevedra


