Taller de creación de tipografía dixital
Información do curso
Taller de creación de tipografía dixital
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | CFP0035 | ||||
Nome | Taller de creación de tipografía dixital |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 12 | ||||
Descrición | Coñecemento dos principios fundamentais do deseño tipográfico dixital. Coñecemento dos recursos técnicos básicos e as ferramentas aplicadas á tipografía dixital. Capacidade para o desenvolvemento de proxectos creativos e a súa aplicación nun formato de tipografía dixital. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 80 20 80 | ||||
· Fax | 986 80 20 8 | ||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
Taller práctico sobre as cuestións técnicas baseadas na creación de tipografía dixital. O taller inclúe todo o proceso de dixitalización dunha fonte, desde as técnicas de debuxo vectorial ata a xeración de formatos de fontes dixitais.
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 02/04/2012 08:00 - 06/04/2012 14:00 |
---|
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.
Condicións de acceso
Inscrición en Bubela durante o período comprendido entre o 2 e o 6 de abril de 2012.
Criterios de selección
Rigorosa orde de prelación. Unha vez feita a inscrición no prazo establecido, a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra confirmará a matrícula das 20 primeiras persoas inscritas. De producirse unha baixa ou renuncia ao curso, chamarase ao/á solicitante que figure na lista de agarda seguindo a orde de prelación. As persoas matriculadas que non asistan ao curso, de non comunicar a súa baixa ou renuncia, serán penalizadas e non poderán volver matricularse nos cursos ofertados para a Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.
Calendario
Días 9,10,16,17,23 e 24 de abril, en horario de 19:00 a 21:00 horas.
Programa
Ventás principais de FontLab. Fonte, glifo e medidas. Paneis. Debuxo dos grifos. Ferramentas principais. Debuxo vectorial. Illustrator e FontLab. Capas e elementos auxiliares no debuxo. Operacións de contorno. Edición de medidas. Fontes e formatos.
Modo de pagamento
Matrícula gratuíta.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.
Rúa D. Filiberto, 9-11
36002 Pontevedra
Profesorado
Marcos Dopico Castro.