CSS. Maquetación e Deseño web
Información do curso
CSS. Maquetación e Deseño web
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | CFP0034 | ||||
Nome | CSS. Maquetación e Deseño web |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 12 | ||||
Descrición | A creación web está cambiando os seus modos de creación cara a unha maior estandarización, á vez que tenta separar o deseño dos contidos, que se organizan en función do seu compoñente semántico. Deste modo, as follas de estilo CSS son a tecnoloxía que nos permite controlar a apariencia física e a maquetación de calquera proxecto web, xa sexa usando un motor de contidos prefabricado (WordPress, Joomla, Drupal, etc), como dun propio. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 80 20 80 | ||||
· Fax | 986 80 20 82 | ||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 27/02/2012 08:00 - 02/03/2012 14:00 |
---|
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.
Obxectivos
O obxectivo final deste curso é que o alumnado coñeza as bases da maquetación e do deseño web coa tecnoloxía CSS, e que aprenda a desenvolver de maneira eficiente produtos online.
Condicións de acceso
Inscrición en Bubela no período comprendido entre o 27 de febreiro e o 2 de marzo de 2012.
Criterios de selección
Rigorosa orde de prelación. Unha vez feita a inscrición no prazo establecido, a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra confirmará a matrícula das 20 primeiras persoas inscritas. De producirse unha baixa ou renuncia ao curso, chamarase ao/á solicitante que figure na lista de agarda seguindo a orde de prelación. As persoas matriculadas que non asistan ao curso, de non comunicar a súa baixa ou renuncia, serán penalizadas e non poderán volver matricularse nos cursos ofertados para a Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.
Calendario
Días 5,7,8,12,14 e 15 de marzo de 2012, en horario de 19:00 a 21:00 horas.
Programa
Bloque 1.- Conceptos básicos no deseño web.
Introdución. Introdución aos estándares e creatividade con CSS. Validación W3C.
Introdución ao XHTML. Creación dunha estrutura XHTML. Semántica.
Bloque 2.- Introdución ás CSS
Tipos de CSS. Formas de aplicación de estilos, en liña, internos, vinculados e importados. Vinculación de estilo en base ao dispositivo de saída. Selectores. Tipos de selectores. Herdanza. Orde de lectura. Sobrescritura das reglas.
Bloque 3.- Propiedades de elementos.
Display. Control do tamaño, propiedades. Position. Tipografía. Propiedades. Reemprazar texto por imaxe.
Bloque 4.- Cor e gráficos de fondo. Introdución ao uso da cor. Cores na web. Gráficos de fondo. Aplicación da cor. Elementos Float. A propiedade Float. A propiedade Clear.
Bloque 5.- Composición da páxina. Cabeceira, contido e pé.
Bloque 6.- Creación dunha páxina completa.
Modo de pagamento
Matrícula gratuíta.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.
Profesorado
Alberto Valverde García.