Curso de técnicas de expresión oral
Información do curso
Curso de técnicas de expresión oral
Tipo | Curso de idiomas | ||||
Código | ANL00019 | ||||
Nome | Curso de técnicas de expresión oral |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | Curso destinado a todas as persoas interesadas en mellorar a súa expresión oral. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 813 574 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 06/02/2012 00:01 - 24/02/2012 20:00 |
---|---|
Período de docencia | 06/03/2012 - 29/03/2012 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 35 |
Créditos ECTS | 0 |
Validación de libre elección | 1 |
Destinatarios/as
Membros da comunidade universitaria e público en xeral.
Criterios de selección
Por rigorosa orde de matriculación.
Calendario
As clases desenvolveranse os martes e xoves desde o 6 de marzo ata o 29 de marzo, de 16.00 a 18.30 horas.
Programa
PROGRAMA DO CURSO TÉCNICAS DE EXPRESIÓN ORAL
1 A comunicación oral, unha habilidade que se desenvolve
1.1 Como enfrontarnos ao público: coñecido vs. descoñecido
2 O estilo social
2.1 Como sacarlle partido ás nosas habilidades sociais
2.2 A empatía
3 Activo as orellas: escoita activa
3.1 Fórmulas para establecer un contacto activo cos interlocutores e interlocutoras
3.2 A detección de necesidades
4 O noso corpo non só fala pola boca: a linguaxe non verbal
4.1 A linguaxe non verbal como instrumento para transmitir o discurso
5 Intelixencia emocional: corazón, cabeza, boca e palabra
5.1 O control da cabeza sobre o corazón
6 A arte de conversar. A comunicación persuasiva
6.1 A voz
6.2 O ton
7 Respéctote e respéctasme: a asertividade
7.1 Poñerse no lugar do outro
8 O discurso
8.1 A linguaxe
8.2 A retroacción
Modo de pagamento
Gratis para os membros da comunidade universitaria e 40 euros para o público xeral.
A matrícula realizarase a través da plataforma Bubela (Área de Posgrao Virtual). Os membros da comunidade universitaria deberán acreditar a súa pertenza á Universidade presentando na Área de Normalización Lingüística, ben persoalmente, ben por correo postal ou electrónico, o resgardo de matrícula do curso 2011/2012 ou o xustificante de ser membro do cadro de persoal (cabeceira da nómina). De non ser membro da comunidade universitaria, unha vez aceptada a inscrición terá un prazo de tres días para pagar e enviar por correo postal o correspondente xustificante á Área de Normalización Lingüística. O pagamento realizarase en NovaGalicia Banco, no número de conta 2080 0501 12 3110000112, indicando o código do curso: ANL00019.
No caso de cancelación de matrícula, só se devolverán as taxas se se solicita por escrito como mínimo tres días hábiles antes do inicio do curso.
Impartido en
As clases impartiranse na aula 1.2 da Facultade de Dereito (Campus de Ourense)
Sistema de avaliación
Para obter o diploma correspondente, requírese a asistencia ao 80 % das clases presenciais, ademais de superar a proba de avaliación establecida polo profesor/a.