Especialista en Dirección de Comunicación e Educación para o Consumo. Publicidade e Consumo
Información do curso
Especialista en Dirección de Comunicación e Educación para o Consumo. Publicidade e Consumo
Tipo | Especialista | ||||
Código | EX100501 | ||||
Nome | Especialista en Dirección de Comunicación e Educación para o Consumo. Publicidade e Consumo |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 200 | ||||
Descrición | A Publicidade como fenómeno de comunicación e ferramenta do tráfico mercantil está presente hoxendía en tódolos espacios do acontecer humano. O Especialista en Dirección de Comunicación e Educación para o Consumo, debe ser un profisional que, ademáis de coñece-los recuross da comunicación, ten de posuir unha elevada formación en Dereito, Socioloxía, Marketing, recursos de xestión, relacións humáns, Economía e Psicoloxía. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 801955 | ||||
· Fax | 986 801997 | ||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
A Publicidade como fenómeno de comunicación e ferramenta do tráfico mercantil está presente hoxendía en tódolos espacios do acontecer humano. Se ten feito certa a profecía de que xa é o balbordo de fondo das nosas vidas. A invasión de tódolos espacios da vida social, o engano sistemático como técnica, a criación da cultura de marca, de tan nefastos efectos na mocidade, e a patoloxía que cursa en forma de consumo compulsivo, reclama a formación de especialistas que, coñecendo a fondo os recursos da comunicación, a educación, o dereito e maila socioloxía, sexan capaces de detecta-la publicidade contaminada e contribuir á defensa e educación dos consumidores, dos cidadáns diante da agresividade crecente das técnicas publicitarias e de marketing.O Especialista en Dirección de Comunicación e Educación para o Consumo, debe ser un profisional que, ademáis de coñece-los recuross da comunicación, ten de posuir unha elevada formación en Dereito, Socioloxía, Marketing, recursos de xestión, relacións humáns, Economía e Psicoloxía.
Este curso ofrece ós formados nas diversas carreiras das Ciencias da Comunicación, e doutras ramas do coñecemento universitario (Socioloxia, Dereito, Ciencias Económicas e Empresariais e Ciencias da Educación) a posibilidade de adquirir unha formación específica que lles abra a posibilidade de ejercer un novo camiño profisional en concellos (Oficinas Municipais de Orientación ó Consumo), servizos autonómicos de consumo, despachos profisionais especializados, institutos, asociacións e órganos de defensa dos consumidores.
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 13/10/2005 00:00 - 10/11/2005 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 11/11/2005 00:00 - 05/12/2005 23:59 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 35 |
Créditos teóricos | 20 |
Validación de libre elección | 10 |
Condicións de acceso
• Titulados Universitarios de Primeiro e Segundo ciclo, alumnos dunhalicenciatura ou equivalente, cos tres primeiros cursos superados
• Profisionais directamente relacionados coa especialidade do título que axunten
os requisitos esixidos para cursar estudios universitarios e acrediten alomenos
tres anos de experiencia profisional, cando non sexan titulados universitarios
nin alumnos dunha licenciatura ou equivalente cos tres primeros cursos
superados
Criterios de selección
• Cumpli-los requisitos anteditos• Currículum e expediente académico
• Orde de inscrición rigorosa en caso de coincidencia.
Calendario
Preinscrición do 15 de octubro ó 10 de novembro de 2005Matrícula (admitidos): do 11 de novembro ó 5 de decembro de 2005
O curso celebrarase os mércores e xoves de 16.30 a 20.30 horas, dende decembro de 2005 ata xuño de 2006.
Programa
Contido
académico
Tramo I
- A
publicidade como fenómeno de comunicación e técnica comercial
- A
publicidade como fenómeno social. A libertade de expresión e maila
publicidade.
- Língua e
publicidade
- Internet e
o consumo: novos linguaxes e recursos
- Marketing.
Ciencia e Mito. Perspectivas desde os consumidores
- Os
consumidores como obxectivo: a estratexia na publicidade
- Os efectos
da televisión sobre a cultura de consumo. Os malos hábitos
- Teoría do
engano: observatorio da televisión
- A
publicidade de emplazamento nas series televisivas
- O mal
gusto como recurso publicitario
Tramo II
- Dereito de
consumo na sociedade civil: desde Roma ó nosos días
- Dereito
publicitario e Dereito do consumo
- A doctrina
do lícito comercio. Competencia leal e tráfico mercantil
- A función
dos tribunais fronte os fraude de consumo
- Autorregulación
publicitaria. A ética publicitaria
- Dereito
comunitario e a súa aplicación práctica en defensa dos consumidores
Tramo III
- A defensa
dos consumidores na sociedade democrática. A cultura do consumo
- Marco
Europeo de defensa dos consumidores
- Marco
normativo para a defensa dos consumidores en España.
- As
organizacións de Consumidores e Usuarios.
- Sistema de
garantía e órganos de arbitraxe
- Imaxe e
consumo. A comunicación das Asociacións de consumidores
- Casos
prácticos de reclamacións dos consumidores
Tramo IV
- Socioloxía
do consumo
- O mito das
marcas das marcas como referente dunha sociedade de ficción
- Psicoloxía
do consumo
- O impacto
dos grandes medios na cultura do consumo
Tramo V
- Relacións
Públicas das institucións e sociedade
civil
- A función
dos municipios como axentes da defensa dos consumidores
- Educación
para o Consumo. Os servizos de formación dos consumidores. O caso galego
Tramo VI
- A
sociedade de consumo en Galicia
- Galicia
como marca
- A
publicidade nas webs comerciais de Galicia
- A
densidade publicitaria na prensa galega
Profesores
e conferenciantes
- Alfonso Cabaleiro, periodista, ex secretario xeral de Relacións cos Medios Informativos da Xunta de Galicia
- José Castillo, catedrático emérito de Socioloxía. Universidad Complutense de Madrid
- Luisa Blanco, catedrática de Língua española da Universidade de Vigo
- María Jesús Muñoz Chesa, directora do Instituto Galego de Consumo.
- Ubaldo Cuesta Cambra. Catedrático de Publicidade. Universidad Complutense de Madrid
- Pedro Figueroa, profesor titular de Organización de Empresas, da Universidade de Vigo.
- Jorge Gómez Gude, profesor titular de Psicoloxía Evolutiva da Universidade de Vigo.
- Teodoro González Ballesteros. Catedrático de Dereito da Información. Universidade Complutense de Madrid
- Aurora González García, profesora titular de Comunicación Radiofónica da Universidade de Vigo
- Pedro Pablo Gutiérrez, profesor titular de Publicidade e Relacións Públicas da Universidade de Vigo, presidente de Merkley Publicidade
- Valentín Alejandro González, profesor titular da Universidad de A Coruña. Director do Master de Dirección de Comunicación de Empresa.
- Javier Lete Achirica, profesor titular de Dereito Civil, director do Curso de Especialista en Dereito do Consumo da Universidade de Santiago de Compostela
- Daniel Martí Pellón, profesor titular de Periodismo da Universidade de Vigo.
- María Teresa Otero Alvarado. Profesora Titular de Relacións Públicas. Universidad de Sevilla
- Rafael Alberto Pérez, profesor titular de Publicidade e Relacións Públicas da Universidade Complutense de Madrid.
- Fernando Ramos Fernández, profesor titular de Dereito da Información da Universidade de Vigo
- Luis Rodríguez Ennes, catedrático de Dereito Romano da Universidade de Vigo
- Eugenio Ribón Seisdedos. Advogado experto en Consumo, asesor jurídico de CEACCU (Confederación Española de Asociaciones de Amas de Casa, Consumidores y Usuarios). Consultor europeo de consumo.
- Rita Rodríguez, profesora titular de Marketing da Universidade de Vigo.
- Antonio Roma, fiscal del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
- Manuel Sánchez de Diego, profesor titular de Dereito da Información da Universidade Complutense de Madrid
- Anxo Tato Plaza, catedrático de Dereito Mercantil da Universidade de Vigo. Secretario Técnico do Xurado da Publicidade de "Autocontrol".
- Mónica B. Lutzky, consultura internacional de Relaciones Públicas, Prensa e Imaxe. Directora de "De Palabra" (República Argentina)
- Modesto Barcia Lago, advogado, vocal do Consello Xeral de Colexios de Advogados de España.
- Elena Lino, advogado, Master en Dirección de Comunicación e Protocolo pola Universidade de Vigo. Especialista en Dereito do Consumo.
- Xosé Pérez Vilariño, catedrático de Socioloxía da Universidade de Santiago de Compostela