Autoemprego en contornos cooperativos e colaborativos
Información do curso
Autoemprego en contornos cooperativos e colaborativos
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | FV031102 | ||||
Nome | Autoemprego en contornos cooperativos e colaborativos |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986814086 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Vicerreitoría de Transferencia do Coñecemento (Cátedra Bancaja de Xoves Emprendedores- Área de Emprego)
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 07/11/2011 00:00 - 18/12/2011 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 01/12/2011 00:00 - 19/12/2011 23:59 |
Período de docencia | 20/12/2011 - 14/06/2012 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 20 |
---|---|
Número máximo de participantes | 70 |
Créditos teóricos | 1.8 |
Créditos prácticos | 1.2 |
Destinatarios/as
Este proxecto formativo diríxese a estudantes (preferentemente de últimos cursos) e recén egresados de todas as titulacións da Universidade de Vigo.
A formación consistirá nunha actividade práctica de mentoring que nace da necesidade de buscar fórmulas innovadoras de carácter práctico, para que as/os estudantes coñezan de xeito experiencial as oportunidades e dificultades de crear negocios ou iniciativas emprendedoras no marco do autoemprego cooperativo.
Tras un proceso de selección previo, con todo o alumnado interesado crearanse 7 equipos interdisciplinares de até 10 persoas, conformados por estudantes de diversas carreiras (4 grupos no campus de Vigo, 1 no de Pontevedra e 2 no de Ourense). Levarán a cabo a súa actividade nunha cooperativa de traballo asociado simulada, por unha duración de 6 meses, na cal se traballarán todos os aspectos do proceso de creación da empresa (tal como se faría se a cooperativa tivese personalidade xurídica).
A través dela desenvolveranse as ideas de negocio, o cal permitirá emular a realidade. É dicir: desde que se define a idea do produto/s ou servizo/s a ofrecer, pasando pola busca de clientes e estratexias de marketing, xestión financeira dos recursos, etc.
Por tanto as competencias profesionais non se traballarán en abstracto senón a través dun formato experiencial no que a interacción con outras persoas permite emular a realidade laboral.
Os resultados desta formación/prácticas xerarán un coñecemento e un “know-how” que podería ser almacenado nun banco de ideas da Universidade. Por tanto este proxecto operará como un laboratorio de iniciativas empresariais.
Condicións de acceso
1.Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2.Alumnos/as da universidade,
3.profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudos universitarios, e
4.de xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos os mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.
Criterios de selección
Seleccionaranse un máximo de 70 alumnos/as (previsiblemente, 40 no Campus de Vigo, 10 no Campus de Pontevedra e 20 no Campus de Ourense).
No momento de realizar a preinscrición, o alumnado interesado deberá enviar por e-mail a catedrabancaja@uvigo.es, unha breve carta (unha páxina, ao sumo) indicando a carreira ou estudos dos que procede e expondo os motivos e interese na realización deste curso de formación.
Calendario
O alumnado matriculado no curso agruparase en equipos de 10 persoas que levarán a cabo, en colaboración, o proceso de creación dunha empresa.
Previsiblemente teremos os seguintes equipos: 4 no campus de Vigo, 2 no Campus de Ourense e 1 no Campus de Pontevedra.
Haberá unha sesión inicial e outra final na que se reunirán todos os alumnos e alumnas en grupo conxunto. Entre ambas reunións, ao longo do curso, o alumnado traballará en equipos que terán, de media cada mes, 1 reunión de 2 horas e 2 horas de titorización on-line.
Sesión Presentación da actividade:
Tras esa sesión inicial grupal, realizaranse ao longo de todo o curso, por equipos:
- Sesión de traballo inicial por equipos (3 horas)
- Mentorización on-line, a través de foro ou chat, derivada da 1ª sesión presencial (2 horas)
- 1ª sesión intermedia presencial de mentoring por equipos (2 horas)
- 1ª mentorización on-line, a través de foro ou chat, derivada da 1ª sesión intermedia presencial (2 horas)
- 2ª sesión intermedia presencial de mentoring por equipos (2 horas)
- 2ª mentorización on-line, a través de foro ou chat, derivada da 2ª sesión intermedia presencial (2 horas)
- 3ª sesión intermedia presencial de mentoring por equipos (2 horas)
- 3ª mentorización on-line, a través de foro ou chat, derivada da 3ª sesión intermedia presencial (2 horas)
- 4ª sesión intermedia presencial de mentoring por equipos (2 horas)
- 4ª mentorización on-line, a través de foro ou chat, derivada da 4ª sesión intermedia presencial (2 horas)
- 5ª sesión intermedia presencial de mentoring por equipos (2 horas)
- 5ª mentorización on-line, a través de foro ou chat, derivada da 5ª sesión intermedia presencial (2 horas)
- Sesión de traballo final (3 horas)
Acto final (1 h. aprox.) -presentación de resultados e conclusións da actividade:
Todo o grupo reunido, 14/Xuño/2012, 11:00 a 12:00.
Ao longo do curso, farase necesario contar co apoio de mentores externos empresarios, que acheguen a súa experiencia e coñecementos en ámbitos específicos. Organizaranse sesións de traballo con ditos mentores, conforme as necesidades concretas, e nos ámbitos temáticos para os que se precisen.
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:
1. Que é o autoemprego cooperativo
1. O proceso de adaptación de intereses individuais a proxectos colaborativos en grupo
Técnicas de relación e dinámicas de grupo
Técnicas de traballo en equipo
2. Xeración de ideas de autoemprego colectivo
2.1. A xeración de ideas de negocio: técnicas de creatividade aplicada
2.2. Xacementos de negocio
Tipos de actividades e sectores productivos
Definición de actividade gacela
Definición de sector estratéxico
Indicadores económicos e sociais
2.3. Converter a idea en produto/servizo
Definición de produto/servizo
Clientes e partners (sinerxias)
A competencia
Importancia do ámbito territorial
Concepto de oportunidade
2.4. Formulación e viabilidade da posta en funcionamento da idea de negocio
A viabilidade económica
A viabilidade social (empresas de economía social)
Concepto de rendibilidade social
3. Organización do traballo
3.1. Os recursos humanos no ámbito cooperativo
Quén dirixe un traballo cooperativo? A dirección colexiada e a toma de decisións en consenso
Postos, funcións e responsabilidades
Competencias requeridas
3.2. Utilización das TICs como ferramenta de desenvolvemento
As TICs como ferramenta de comunicación e xestión interna
As TICs como ferramenta de competitividade
O uso das redes sociais
3.3. Nocións sobre calidade
3.4. Estratexias de posicionamento no mercado
Qué é o posicionamento?
A captación e a fidelización de clientes
MÓDULOS PRÁCTICOS:
1. Definición de roles individuais dos participantes do grupo na idea de negocio colectiva
2. Tarefas a desenvolver no proceso de creación de empresa en colaboración
2.1. Organización
O plan de “empresa”
Determinación de áreas de traballo
Normativa de aplicación
2.2. Os recursos financeiros
Microcréditos
Financiamento propio e crowd funding
Avais e relación con entidades financeiras
A banca ética e sustentable
2.3. Produción
Investigación e análise de mercado
Determinación da idea de negocio: produto/s e/ou servizo/s a ofrecer
Desenvolvemento da idea de negocio
2.4. Marketing e comunicación
Plan de marketing (produto/servizo, prezo, canles de distribución, políticas de comunicación e promoción)
Estratexias competitivas
Captación e fidelización de clientes
Modo de pagamento
Matrícula gratuita.
Impartido en
Campus de Vigo, Ourense e Pontevedra
Profesorado
- Mentores internos que, desde a Universidade de Vigo, titorizarán ao alumnado ao longo do proceso formativo.
- Mentores externos (empresarios e profesionais con experiencia) integrados na Rede Mentoring de BIC-Galicia. Os mentores externos apoiarán ao alumnado en campos determinados de coñecemento nos cales son especialistas, xa que acumulan experiencia e coñecemento.
Sistema de avaliación
Para a avaliación do alumnado terase en conta:
1º Asistencia ás sesións presenciais e as sesións on-line .
2º Realización, coa tutela do equipo docente, das actividades esixidas na mentorización on-line.