SERVIZOS WEB 2.0 E BLOGGING

Información do curso

SERVIZOS WEB 2.0 E BLOGGING


Tipo Curso de Formación
Código CFP0032
Nome SERVIZOS WEB 2.0 E BLOGGING
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 12
Descrición

Internet cambiou radicalmente nos últimos tres anos. Produciuse un cambio total nos papeis de produción de contidos e conectividade dos seus usuarios. Coa aparición dos blogs, podcasts, videoblogs, redes sociais e novos servizos 2.0 produciuse finalmente a tan esperada democratización dos medios, e calquera pode ser produtor de contidos, sen necesidade de coñecementos de programación nin de tecnoloxía. É obxectivo deste curso achegar os usuarios non especialistas en Internet a todas estas novas posibilidades que nos ofrece a rede.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 802 080
 · Fax 986 802 082
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 04/11/2011 10:00 - 11/11/2011 14:00

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 0

Destinatarios/as

Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.

Obxectivos

-Achegar á sociedade as novas posibilidades da web.

-Que o estudante descubra e experimente na Rede con servizos que van máis alá dunha simple navegación.

-Que o estudante vexa a Rede como unha ferramenta de traballo.

-Que o estudante adquira coñecementos técnicos para se converter en produtor de contido en Internet.

-Achegar o estudante certas nocións de seguridade e responsabilidade no uso de Internet.

Condicións de acceso

Inscrición na plataforma Bubela no período comprendido entre o 04 e o 11 de novembro de 2011. Aquelas persoas que, unha vez matriculadas, non asistan ás clases, salvo causa xustificada, non poderán acceder a novas convocatorias ou edicións dos cursos da Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.

Criterios de selección

Rigorosa orde de prelación.

Calendario

Días 14,16,18,21,23 e 25 de novembro, en horario de 19:00 a 21:00 horas.

Programa

Historia e funcionamento da Rede.

Servizos e ferramentas 2.0: unha web social e colaborativa.

Estrutura e características dos blogs. Introdución aos CMS (xestores de contido).

Montaxe e configuración dun blog persoal usando a plataforma Wordpress.

Modo de pagamento

Matrícula gratuíta.

Impartido en

Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra. Rúa D. Filiberto, 9-11 36002 Pontevedra

Profesorado

Diego Fernández Pérez.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos